Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Boiro colabora coa EFM Concello de Boiro na celebración dunha nova edición do Depor Campus, que terá lugar nas instalacións municipais de Vista Alegre entre o 13 e o 17 de xullo. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da actividade xunto con Sergio Maurente, coordinador dos DeporCampus; e José Enrique Maneiro, presidente da EFM.
A finalidade desta actividade é que os participantes aprendan a desenvolver a coordinación a través de xogos; aprender habilidades e conceptos na relación co corpo e o balón; traballar
fundamentos técnico-tácticos… a través de xogos e habilidades co balón, circuítos coordinativos, desafíos técnicos, partidos e competicións. “Con esta actividade os nenos e nenas adestrarán coas mesmas técnicas que a rapazada da canteira do Deportivo”, afirmou Sergio Maurente
A actividade está dirixida a rapazada de entre 6 e 14 anos e vaise desenvolver en horario de 10.00 a 14.00 horas. O presidente da EFM, José Enrique Maneiro, agradeceu ao RC Deportivo “por seguir contando con Boiro e coa EFM para traer este campus que cada ano atrae a máis rapaces”.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu o bo traballo que realiza o RC Deportivo e a EFM “neste campus que contribúe a fomentar o deporte base e os valores que veñen implícitos coa práctica da actividade deportiva” e convidou á rapazada de Boiro a participar neste campus. As inscricións están abertas e poden facerse na web deporcampus.rcdeportivo.es.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)