Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 julio, 2025
A iniciativa da Concellería de Turismo, dirixida por Begoña Balado, anima á cidadanía a compartir selfies nas redes sociais dende establecementos do concello con sorteos de agasallos, co obxectivo de poñer en valor o tecido comercial e empresarial da vila
Arzúa, 30 de xullo de 2025.- A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa pon en marcha a campaña “Presume de Arzúa co teu mellor sorriso”, unha iniciativa destinada a dar visibilidade aos establecementos do municipio, incluíndo comercios, locais de restauración, hostalería e servizos.
A acción consiste en compartir unha fotografía tipo selfie en calquera establecemento de Arzúa, utilizando o hashtag #EuPresumoDeArzúa e etiquetando a conta oficial de Arzúa Turismo en Facebook ou Instagram. Entre todas as persoas participantes sortearanse premios como una estancia de dúas noites para 6 persoas nunha casa da aldea A Painza e dunha noite para dúas personas con almorzo e unha hora de spa no Hotel A Curuxa, así como unha actividade de descenso polo río Ulla en kayak para 4 persoas da man de Ullaxtreme.
A campaña desenvolverase do 1 ao 10 de agosto, e o 11 de agosto darase a coñecer os nomes das persoas gañadoras a través das redes sociais de Arzúa Turismo. As bases completas están dispoñibles na web do concello: www.arzua.gal
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, subliña que con esta iniciativa “queremos que veciños e visitantes se impliquen amosando o mellor de Arzúa: os nosos establecementos, o comercio de proximidade, a restauración e o bo ambiente que nos caracteriza. Esta campaña busca dar visibilidade ao noso tecido empresarial e poñer en valor o que nos fai únicos”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)