AD

Actualidad

As Cancelas da comezo ao novo ano repartindo roscóns de Reis entre os seus clientes

today2 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Ata o 5 de xaneiro, os clientes do centro comercial poderán conseguir roscóns de Reis como agasallo coas súas compras
  • Comeza a última semana de actividades de ocio de Nadal para toda a familia no Show de Celi, o espazo infantil do centro

Este Nadal, as compras en As Cancelas poden ter un dos agasallos máis doces destas festas: deliciosos roscóns de Reis da panadería A Tafona, situada no centro comercial.

Do 2 ao 5 de xaneiro, os visitante do complexo compostelán poderán conseguir un dos produtos gastronómicos estrela desta época do ano presentando tíckets de compra de 40 euros ou máis de calquera establecemento do centro comercial no stand da promoción, disposto na planta baixa de As Cancelas, xunto ao Punto de Atención ao Cliente. Só será necesario escoller unha das caixas do panel de xogo e descubrirán ao momento se son un dos afortunados que leva a casa un roscón de Reis. A acción promocional estará activa en horario de 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h.

Última semana de ocio de Nadal para toda a familia en As Cancelas 

As Cancelas finaliza a súa divertida programación de actividades para toda a familia durante estas datas. O martes 2 de xaneiro ás 19:00 horas, Loli Nogueira deleitará aos clientes do centro comercial co seu espectáculo ‘Nadal con ritmo’, mentres que o mércores 3, será a quenda de ‘O Nadal do Pallaso Peter Punk’ no mesmo horario. O xoves 4 de xaneiro ás 19:00 horas, os máis pequenos poderán gozar do contacontos ‘Christmas Story’ e ás 20:00 horas actuará o cor ‘As de sempre’, da Asociación Galega do Traxe. Para finalizar, o venres 5 de xaneiro, o Show de Celi convetirase nun gran inchable de Nadal de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais, os días 2, 3 e 4 de xaneiro, os Reis Magos farán unha escala durante a súa viaxe para que todos os nenos e nenas poidan coñecelos e facerlles as súas peticións para a noite de Reis. As súas Maxestades de Oriente estarán no espazo infantil en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Toda a programación de actividades de Nadal de As Cancelas está dispoñibles na súa páxina web: www.ascancelas.es.

Sobre As Cancelas

Con 50.000 m2 e 2.300 prazas de aparcamento gratuítas, As Cancelas é o centro comercial líder na área de Santiago de Compostela.

Copropiedade de Carmila e Realia e xestionado por Carrefour Property, a oferta do centro distribúese en tres andares nos que destacan as 8 salas de cine de CINESA, un Hipermercado Carrefour, 15 locais de restauración e unha completa variedade de tendas de moda que agrupan os seus descontos e promocións a través da tarxeta de fidelidade do centro.

As Cancelas é un espazo pensado para a comodidade do visitante, cunha oferta de ocio e cines que se mantén aberta de luns a domingo os 365 días do ano e que conta cun aparcamento gratuíto tamén para bicicletas e motos, zona WIFI, armarios e sala de lactantes. Sempre pensando nas familias, As Cancelas conta co Club de Celi, un club que aglutina todas as actividades infantís do centro, sempre gratuítas, e que conta xa con máis de 20.000 socios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%