AD

Actualidad

As Cancelas despide o año acollendo a recollida de dorsais da San Silvestre

today26 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Os participantes da carreira San Silvestre de Santiago poderán recoller os seus dorsais en As Cancelas do 29 ao 31 de decembro

Un ano máis, o Concello de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Atletismo organizan unha nova edición da carreira San Silvestre, que terá lugar o próximo sábado 31 de decembro a partir das 17h.

O centro comercial As Cancelas súmase a esta iniciativa como patrocinador do evento, e por iso, converterase no punto de recollida de dorsais para a carreira. Os días 29, 30 e 31 de decembro, todos os corredores e corredoras poderán achegarse ao complexo comercial para recoller o seu kit do corredor para esta última carreira do ano.

O stand, que estará situado na planta baixa do centro comercial, estará operativo o venres 29 de 16:00 a 20:30 horas, o sábado 30 de 11:00 a 20:30 horas e o domingo 31, de 11:00 a 16:00 horas.

As inscrición para a carreira poderanse realizar neste enlace ata o martes 26 de decembro ás 23:59 horas.

Sobre As Cancelas

Con 50.000 m2 e 2.300 prazas de aparcamento gratuítas, As Cancelas é o centro comercial líder na área de Santiago de Compostela.

Copropiedade de Carmila e Realia e xestionado por Carrefour Property, a oferta do centro distribúese en tres andares nos que destacan as 8 salas de cine de CINESA, un Hipermercado Carrefour, 15 locais de restauración e unha completa variedade de tendas de moda que agrupan os seus descontos e promocións a través da tarxeta de fidelidade do centro.

As Cancelas é un espazo pensado para a comodidade do visitante, cunha oferta de ocio e cines que se mantén aberta de luns a domingo os 365 días do ano e que conta cun aparcamento gratuíto tamén para bicicletas e motos, zona WIFI, armarios e sala de lactantes. Sempre pensando nas familias, As Cancelas conta co Club de Celi, un club que aglutina todas as actividades infantís do centro, sempre gratuítas, e que conta xa con máis de 20.000 socios.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%