Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 11 de agosto de 2026 – Este xoves, 13 de agosto, ás 21.00 horas, o lugar de Cruxeiras acolle a terceira entrega do programa dos Seráns de Ames 2026, a primeira do mes de agosto. Nesta xornada, o público poderá gozar das recentemente galardoadas coa medalla do Concello de Ames As Maianas. A última sesión será o vindeiro xoves, 27 de agosto, con contacontos, xogos populares, teatro e música na praia fluvial de Tapia.
O lugar de Cruxeiras acollerá este xoves, 13 de agosto, a partir das 21.00 horas, a terceira xornada dos Seráns de Ames, unha iniciativa que se desenvolve durante catro xoves dos meses de xullo e agosto polas parroquias do rural amesán. O programa xa comezou o pasado xoves, 9 de xullo, na praia fluvial de Tapia co espectáculo de novo circo Enredos de Avela Circo.
Esta iniciativa, que orixinalmente naceu no 2021 como os Seráns de Tapia ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello.
Últimas xornadas dos Seráns de Ames
A programación continuará este xoves, 13 de xullo, ás 21.00 horas, no lugar de Cruxeiras coa terceira xornada dos Seráns de Ames, a cago do grupo de cantareiras e pandeireteiras amesás As Maianas. As cantareiras veñen de recibir, o pasado 23 de xullo, a medalla do Concello de Ames pola súa ampla traxectoria na música tradicionaldurante o acto conmemorativo polo Día de Galicia.
Por último, como vén sendo habitual, a praia fluvial de Tapia tamén será o escenario escollido para pechar os Seráns de Ames. Nesta ocasión, a derradeira xornada do programa terá lugar o xoves 27 de agosto, ás 19.00 horas, con diversas actividades. Deste xeito, haberá contacontos, xogos populares, teatro e música tradicional a cargo da Asociación Cultural Retranqueiros.
Nova data para a sesión de Glasgow 15 e Del otro lado
Logo de ser suspendida a segunda xornada do programa, na que estaba prevista a actuación de Glasgow 15 e Del otro lado, por mor dun aviso emitido pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun fenómeno meteorolóxico adverso, a cita terá unha nova data e lugar aínda por confirmar.
Deste xeito, si se poderá finalmente ver a estes dous grupos que ensaian no local municipal A Factoría, confirmando a intención da Concellaría de Mocidade de promover grupos emerxentes e darlles visibilidade.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)