Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 octubre, 2025
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, visitou os traballos, que estarán rematados a finais deste mes, e salientou a súa importancia para reforzar o modelo de destino verde polo que aposta Arzúa
Arzúa, 15 de outubro de 2025.- O Concello de Arzúa continúa avanzando na posta en valor dos seus espazos naturais e turísticos. As obras de acondicionamento da área de descanso situada na parroquia de Dombodán, na baixada á Fervenza das Hortas, progresan a moi bo ritmo e está previsto que rematen a finais deste mes de outubro.
O proxecto conta cun investimento de 37.772,79 euros, financiado maioritariamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achega 30.000 euros a través do programa de mellora das infraestruturas turísticas. O Concello de Arzúa asume a parte restante. Esta intervención permite mellorar o acceso e habilitar unha zona de descanso máis cómoda e funcional nun dos enclaves naturais máis emblemáticos do municipio.
Durante a súa visita, a concelleira de Turismo e Acción Urbana, Begoña Balado, destacou que “é unha satisfacción ver como este proxecto se fai realidade nun espazo tan querido como a Fervenza das Hortas. Con actuacións coma esta seguimos avanzando cara un modelo de turismo verde e sostible, que respecta o medio e reforza a calidade do destino Arzúa.”Un proxecto para mellorar o acceso e o entorno da fervenza
Os traballos inclúen a mellora do acceso dende a estrada CP-0605, coa limpeza de gabias e da superficie do viario, así como o rebacheo con tratamento asfáltico. Tamén se está a crear un espazo de aparcadoiro na zona alta, mediante zahorra compactada e valado de madeira, e o acondicionamento da área de descanso con novo mobiliario de madeira —catro mesas con bancos, un banco illado, unha pérgola, un panel informativo e catro papeleiras—. Ademais, prevese a limpeza e preparación dos noiros, a plantación de 17 árbores autóctonas e unha xestión responsable dos residuos, en cumprimento da normativa ambiental vixente.
A finalización das obras reforzará o compromiso de Arzúa co turismo sostible e coa conservación dun destino verde que xa é un referente turístico.
Escrito por Líder Redacción
arzua Arzúa destino verde begoña balado Concelleira Turismo Arzúa concello Arzúa fervenza das hortas
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)