AD

Actualidad

As rebaixas de verán no comercio de Arzúa repartirán 1000 premios directos

today29 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Arzúa, 29 de xuño de 2024.- A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza unha campaña de dinamización comercial para impulsar o consumo nas rebaixas de verán do comercio local.

Para elo, AECA premiará aos clientes que consuman nas rebaixas do Centro Comercial Aberto de Arzúa con 1000 premios seguros e directos que consistirán nun agasallo promocional.

Os clientes para poder conseguir dito obsequio deberán facer unha merca superior a 50€ nalgunha tenda participante na campaña «Rebaixas de Verán».

Estos premios directos seranlles repartidos aos clientes polos propios comerciantes no momento da compra e ata o fin de existencias.

As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, estarán identificadas pola cartelería da campaña e son as seguintes: Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Cempés, Deportes López, Estrenas Zapatería & Complementos, Euromueble Decoración, La Tienda de Marta, Lage Moda, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda e Vadi Moda.

Dende AECA fan un chamamento á cidadanía, para que aposten polo comercio de proximidade durante este período de rebaixas xa que, mercar nas tendas locais é a única opción de consumo que repercurtirá na economía da comarca e axudará tanto a crear emprego como a fixar poboación.

Así mesmo, dende AECA invítase a desfrutar das rebaixas de verán dun xeito responsable, valorando a importancia do pequeno comercio, que se distingue pola súa maior especialización, profesionalidade e atención ao cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada que non se atopa noutros formatos comerciais. E recórdannos que apostar polo comercio local tamén é apostar por un mundo máis sostible.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%