Rianxo levará ao pleno a aprobación da primeria RTP da historia do concello
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Rianxo vén de aprobar por unanimidade a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT), un documento organizativo que o goberno local define como “histórico” dado que nunca antes se chegou a aprobar. A proposta chega despois dun proceso de negociación coa representación sindical e inclúe un expediente completo composto polo organigrama administrativo, as fichas descritivas dos postos, a valoración técnica de cada un deles, o cadro resultante da RPT eo manual […]