AD

Comarca

Muros vivirá o Grand Prix nunha pantalla xigante na praza do Mercado

today11 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

A veciñanza poderá seguir o luns 17 de agosto, a partir das 21:30 horas, a participación do municipio no popular programa de TVE

Muros prepárase para vivir unha das citas máis agardadas deste verán. O vindeiro luns, 17 de agosto, a veciñanza poderá seguir en directo a participación do municipio no programa Grand Prix de TVE a través dunha pantalla xigante que se instalará na praza do Mercado.

A emisión poderá seguirse desde as 21:30 horas, nun encontro co que o Concello de Muros quere reunir veciños e visitantes para animar ao equipo local e compartir unha noite de diversión arredor dun dos programas máis populares da televisión.

O Concello convida a toda a veciñanza a achegarse á praza do Mercado para apoiar aos representantes de Muros e vivir conxuntamente a súa participación no concurso.

A instalación da pantalla xigante obrigará a realizar cortes de tráfico durante a xornada. En concreto, permanecerán pechadas á circulación a rúa Axesta ata o Mercado e a baixada do Mercado, desde as 14:00 horas do luns 17 de agosto ata o remate da emisión do programa.

A praza do Mercado converterase así no punto de encontro para unha noite especial na que Muros estará moi pendente da pequena pantalla, pero desta volta en formato xigante, para animar ao seu equipo no Grand Prix.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *