Graves danos por vandalismo no Campo do Coto en Vedra
Na noite do sábado ao domingo, as instalacións municipais do Campo do Coto sufriron importantes desperfectos debido a actos vandálicos. Unha ou varias persoas romperon fiestras, mobiliario e redes, taponaron tuberías e deixaron as billas abertas, provocando serios danos nas instalacións. Estes feitos, que xa foron denunciados ante a Garda Civil, están a ser investigados polas autoridades competentes. A día de hoxe, descoñécese a autoría e a motivación deste acto. Os desperfectos causados suporán un custo considerable para as arcas […]