AD

Comarca

Teo adquire un inmoble financiado integramente pola Xunta para proxectar o seu Centro de Día

today30 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Esta adquisición faise a través dun convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade
  • Ata o momento, o municipio de Teo carecía deste servizo, sendo un recurso social imprescindible para dar resposta ás necesidades de atención da poboación envellecida do concello
  • No ano 2025 procederase a elaborar o proxecto técnico, co fin de poder iniciar canto antes a reforma integral deste local, o cal conta cunha superficie de 1.000 metros cadrados

Teo (A Coruña), 30 de decembro de 2024.- O Concello de Teo vén de adquirir un inmoble situado en Cacheiras para proxectar alí o seu primeiro Centro de Día. Fíxose mediante un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, o cal financia integramente esta compra.

Ata o momento, o municipio de Teo carecía deste servizo, sendo un recurso social imprescindible para dar resposta ás necesidades de atención da poboación envellecida do concello. De feito, preto dunha trintena de persoas maiores do Concello vense obrigadas a utilizar este tipo de servizos fóra do municipio.

Coa construción deste Centro de Día, o Concello de Teo contará cun recurso para a conciliación da vida persoal e familiar, proporcionando atención integral ás persoas maiores. Neste senso, cabe lembrar que no municipio teense a poboación maior do concello representa unha alta porcentaxe, pois supera os 4.000 habitantes con máis de 65 anos. Por iso, salientou a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, que este Centro de Día é unha prioridade para o seu Goberno, tal e como recollía o seu programa electoral.

Así, xa cara o ano 2025 procederase a elaborar o proxecto técnico, co fin de poder iniciar canto antes a reforma integral deste local, o cal conta cunha superficie de 1.000 metros cadrados. As previsións iniciais que manexa o Goberno local é poder contar co novo Centro de Día cara finais do vindeiro ano, estando sempre suxeito ao correcto desenvolvemento das obras.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%