AD

Destacado

Detido un pintor de Arzúa acusado de roubar xoias en catro vivendas de Pontevedra

today28 julio, 2026

Fondo
share close
AD

A Garda Civil detivo un home de 37 anos, veciño de Arzúa, como presunto autor de catro delitos de furto de xoias e diñeiro cometidos en vivendas situadas nos concellos do Grove e Sanxenxo.

Segundo informou a Benemérita, o sospeitoso, que conta con antecedentes policiais por feitos similares, era contratado para realizar traballos de pintura nos inmobles afectados. Os investigadores consideran que aproveitaba os momentos nos que quedaba só nas vivendas para rexistrar as estancias e apropiarse de xoias de pequeno tamaño e de cartos en efectivo.

As vítimas descubriron os furtos ao comprobar que lles faltaban pezas dos seus xoieiros e, nalgúns casos, tamén diñeiro gardado polos seus fillos.

A investigación, desenvolvida polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo, permitiu identificar o presunto autor e determinar que vendía boa parte das xoias subtraídas en establecementos de compra de ouro de Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Sanxenxo. O valor dos obxectos vendidos supera os 9.500 euros.

Durante a operación, os axentes conseguiron recuperar parte das xoias roubadas. As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia, Sección Civil e de Instrución de garda de Cambados, onde o detido deberá comparecer cando sexa requirido pola autoridade xudicial.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *