AD

Actualidad

Comezan as obras de construción dun sistema de drenaxe urbana no Polígono do Tambre

today2 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • Avanza o proxecto WATERUN na xestión sostible da auga de escorras de Santiago
  • O Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Área Empresarial do Tambre colaboran no desenvolvemento do proxecto

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024.- O proxecto europeo WATERUN, cuxo obxectivo é xestionar de forma eficiente e sostible a auga de escorras urbana, e no que participa Viaqua, continúa implementando en Santiago mecanismos innovadores para evitar as inundacións no parque empresarial e eliminar os contaminantes que arrastra a auga da choiva, como hidrocarburos, aceites, sólidos en suspensión ou microplásticos, evitando que a auga chegue sen tratar á canle fluvial.

Viaqua, como socio do proxecto e en coordinación co Concello de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre, iniciará a principios de setembro as obras de construción dun sistema de drenaxe urbana sostible (SuDS) no Vial de Ptolomeo. “Este SuDS consiste nunha unidade de filtración activa composta por capas de area, grava e unha superficie de fitotratamento polas que permea a auga de escorras retendo contaminantes como os hidrocarburos, microplásticos e outras partículas. Polo tanto, trátase dun sistema descentralizado que evita a contaminación das masas de auga próximas con baixo custo de mantemento e un baixo impacto ambiental, xa que non require de enerxía eléctrica nin da adición de reactivos para depurar.” declara Sergio Santorio, xestor do proxecto.

Para garantir a seguridade durante o desenvolvemento das obras e a construción do piloto, será necesario cortar o tráfico de dous carrís, un na rúa Vía Edison e outro no propio Vial de Ptolomeo, o que impedirá a circulación de vehículos en dirección de entrada desde Vía Edison a Vía Ptolomeo.

Recentemente no marco do proxecto, tamén se instalou un sistema de drenaxe urbana sostible no polígono da Sionlla, e estase traballando na implementación dun humidal de tratamento da auga de escorras nesa zona.

WATERUN, que se desenvolve no marco do programa Horizon Europe, conta cun orzamento de 3,9 millóns de euros e nel participan 14 entidades diferentes de 8 países: Aimen (España – Coordinador), Universidade da Coruña (España); Dublin City University (Irlanda); Technische Universitat Berlin (Alemaña); Helmholtz Zentrum Fur Umweltforschung (Alemaña); Universita Politecnica Delle Marche (Italia); Aarhus Universitet (Dinamarca); Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU (España), Tilia Gamba (Alemaña); Office International De Lea (Francia); Wareg – Europea Water Regulators (Italia); University of Jordan (Xordania); Arhus Vand A/S (Dinamarca) e Seecon (Suíza).

 

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%