AD

Comarca

Boiro e Rianxo impulsan a construción dun centro compartido de acollida de animais abandonados

today19 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Os alcaldes de Boiro e Rianxo, José Ramón Romero e Julián Bustelo, mantiveron unha xuntanza de traballo para impulsa a construción desta importante infraestrutura para os dous municípios.

Na actualidade, tanto o concello de Boiro como o concello de Rianxo teñen externalizado o servizo de recollida de animais abandonados, un servizo de competencia municipal de acordo co establecido na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia lle corresponde aos municipios

Dado o crecente incremento nos últimos anos en relación coa cifra de animais abandonados por parte dos seus propietarios e propietarias, a recollida e atención destes resulta cada vez máis custoso para os municipios. Así as cousas, e co obxectivo último de prestar este servizo dunha maneira moito máis eficaz e eficiente, os Gobernos de Boiro e Rianxo veñen traballando no deseño dun centro compartido de acollida de animais abandonados coa finalidade de dotarse dunha infraestrura capaz de albergar os animais – cans e gatos fundamentalmente – abandonados ou extraviados nos dous municipios.

O centro, que tería unha superficie útil total superior aos 400 metros cadrados, estaría localizado nunha parcela titularidade do concello de Boiro situada no lugar de Triñáns (Boiro). Contaría con canís e gateiras sufientes para atender a demanda existente, así como cun deseño modular que permitiría levar a cabo futuras adaptacións no caso de que resultara necesario un espazo maior.

A existencia deste espazo non só abarataría enormemente os custos do servizo ao non ter que desprazar os animais a puntos máis afastados, senón que tamén evitaría que os donos dos animais extraviados se tiveran que desprazar a outras localidades a recoller as súas mascotas.

No caso de Rianxo, no ano 2025 recolléronse máis de 70 animais abandonados e na actualidade máis de medio cento están no centro de acollida da empresa responsable do servizo – localizado en Zas (A Coruña) – agarando a seren adoptados. O servizo de recollida de animais abandonados supón un custo de aproximadamente 85.000€ anuais para as arcas municipais. No caso do concello de Boiro, este servizo supuxo no ano 2025 un gasto de case 130.000€, rexistrándose un incremento notable nos últimos anos.

Os rexedores agardan que con este proxecto minore o custo do servizo para as arcas municipais, á vez que mellora a prestación do mesmo.

Esta nova liña de traballo conxunto encádrase na estreita colaboración que se vén dando entre os Gobernos de Boiro e Rianxo nos últimos meses para impulsar infraestruturas de interese para os dous municipios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *