AD

Comarca

Boiro e Rianxo solicitan á Xunta unha residencia para maiores compartida

today29 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Os concellos de Boiro e Rianxo solicitaron ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, unha xuntanza conxunta para ofrecer os seus medios e dispoñibilidade coa fin de construír residencias da terceira idade en ambos os municipios. Esta petición prodúcese tras o anuncio realizado polo presidente no marco do debate do Estado de Autonomía, no que avanzou a creación de 24 residencias públicas en parellas de concellos limítrofes.

Os alcaldes lembran que entre os dous municipios suman 30.000 habitantes e que, a día de hoxe, non existe ningunha residencia pública para persoas maiores en ningunha das dúas localidades. Destacan que se trata dunha necesidade cada vez máis urxente dada a evolución demográfica da poboación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *