AD

Actualidad

Borja Verea defende o seu proxecto de senda ciclista que une Milladoiro e Santiago

today22 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • “É o maior investimento que se está a facer hoxe en Compostela e suporá un antes e un despois na mobilidade da capital de Galicia”, sinalou Verea.
  • O líder popular afirmou que “quen vote por nós, polo Partido Popular de Santiago, vai votar por proxectos transformadores, por proxectos que cambien a cidade: porque este si é un proxecto real e transformador, que segue os modelos de mobilidade Europa máis avanzados”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, insistiu hoxe na transformación que suporá para a cidade o carril bici e peonil que unirá Milladoiro e Santiago. “É o maior investimento que se está a facer hoxe en Compostela e suporá un antes e un despois na mobilidade da capital de Galicia”. O popular asegurou que non lle sorprenden as críticas do goberno e os seus socios posto que é unha tónica xa habitual, “dicíanme que iso non se ía facer, que era imposible, unha das miñas ocorrencias, e aí está, estase executando”. Nese senso, ironizou, “despois virán a facerse as fotos e quererán todos levar os méritos”.

Verea lembraba hoxe que foi el quen puxo enriba da mesa ese proxecto, do que se levaba falando 20 anos pero que ninguén se atrevera a levar a cabo, defendeuno desde o minuto 1 e insistiu no Parlamento e na Xunta de Galicia para que se puxese en marcha. E precisamente por iso advertiu de que a execución “ten que facerse ben, legalmente, cumprindo a normativa”, e asegurou que as administracións que participan na execución “estarán suxeitas a dita normativa facendo ben as cousas para que, unha vez estea completamente rematada, poidamos desfrutala todos”.

En relación á posibilidade plantexada polo resto de partidos políticos de modificar o traxecto, Verea non dubidou en salientar que “estes novos modelos de mobilidade alternativa funcionan cando hai continuidade, se vas facendo parches xa sabemos o que pasa: o parche de Fontiñas, o parche de Clara Campoamor, o novo parche de Xoan XXIII”. Neste senso, continuou, “este trazado era o único que garantizaba a continuidade e eu espero, estou convencido, de que se vai a facer con todas as garantías”. Ademais destacou a necesidade de rematar o proxecto e non deixalo a medias, “espero que non caigan na tentación de dicir que non se faga, que quede a medias ou mal feito, porque pode ser unha tentación deste goberno, que o PSOE aplaudiría, e que para min sería un gran erro, xa que estes proxectos hai que rematalos completamente, e sempre cumprindo a normativa”.

Verea quixo tamén aclarar que ás veces bótase man da legalidade para xustificar que algo non che gusta, porque a intervención no Banquete de Conxo é moito más blanda, e insistiu en que “a normativa está para cumprirse, a normativa medioambiental está a vista de todos, o que hai que facer é cumplila, outra cousa moi diferente é que poidan dicir ´non nos gustan, aínda cumprindo a normativa non nos gusta que por aquí pase a xente paseando e en bicicleta´; é unha cuestión moi diferente”. Así lembrou que el sempre foi claro, “creo que ten que ter continuidade, creo que ten que pasar por onde ten que pasar, cumprindo a normativa e co menor impacto posible”.

O líder popular rematou afirmando que quen vote por nós, polo Partido Popular de Santiago, vai votar por proxectos transformadores, por proxectos que cambien a cidade: porque este si é un proxecto real e transformador, que segue os modelos de mobilidade Europa máis avanzados”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%