Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 febrero, 2024
Este mércores mantivo unha reunión coa ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, para abordar a situación do mercado inmobiliario en Santiago
“É imprescindible apostar pola promoción de vivenda pública e mobilizar a vivenda baleira cun plan efectivo e, con Besteiro, ímolo facer” afirma.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024. O PSdeG aposta pola declaración de Santiago como mercado residencial tensionado como primeira medida para mellorar a situación da vivenda en Santiago. Así o defendeu este mércores o Secretario Xeral dos socialistas en Santiago e candidato ao Parlamento Galego, logo dunha xuntanza coa ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez: “queremos que a mocidade, a xente nova, teña a oportunidade de poder quedar a vivir aquí” afirma.
Bouza defende que o modelo do PSdeG con José Ramón Gómez Besteiro pasa por blindar un “dereito básico e fundamental” como é o do acceso á vivenda. Para iso, propoñen un plan con tres piares: a promoción de vivenda pública, mobilizar a vivenda baleira “cun plan efectivo” e o tope aos alugueiros a través da declaración de mercado residencial tensionado, no caso de Santiago.
Neste sentido, o candidato socialista defendeu o traballo feito polo goberno de Pedro Sánchez ao aprobar a primeira lei de vivenda na historia da democracia: “amosa o compromiso do noso partido con este dereito, adoptando un compromiso lexislativo coa vivenda digna”. Un modelo que contrapón ao do Partido Popular, “que aposta porque non exista tal dereito, senón que temos que acudir como se fose unha esmola” critica.
Aitor Bouza recalcou a necesidade de políticas públicas en materia de vivenda e emprego para evitar ver “como os nosos familiares e amigos teñen que marchar desta cidade”. Así, compromete qEstablecer la imagen destacadaue un futuro goberno liderado polo PSdeG traballará “porque haxa vivenda pública, porque realmente haxa unha ocupación das vivendas baleiras cun plan efectivo, e para que se tope o prezo dos alugueiros como primeira medida”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)