Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 mayo, 2026
– O acto central contou coas lembranzas de Ana Romaní, Andrea Nunes e Guadi Galego, xunto co apoio de autoridades locais e académicas.
– A programación continúa este sábado coa III Carballeira das Letras e o domingo co San Isidro.
Bugallido, 16 de maio de 2026. A parroquia de Bugallido (Ames) acolleu este venres á tardiña unha cumprida homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño. O acto lembrou a súa faciana máis humana: a nena lectora que se converteu nunha muller alegre, boa persoa, gran amiga e profesional comprometida cunha Galicia libre, a igualdade e o futuro do idioma.
O tributo tivo momentos moi emotivos cos testemuños de tres das súas grandes amigas: Ana Romaní compartiu recordos da súa convivencia e profesión; Andrea Nunes recitou un poema creado polo décimo cabodano do seu pasamento; e Guadi Galego ofreceu unha actuación ao piano, confesando que Begoña é a musa de todas as súas cancións e a razón pola que hoxe compón para todas as mulleres.
Respaldo institucional

O alcalde de Ames, Blas García, destacou o valor das actividades que as asociacións de Bugallido organizan todo o ano, afirmando que “axudan a situar Ames como un referente cultural”. Pola súa parte, Natividade González, deputada de Cultura da Coruña, gabou unha programación “tan extensa, intensa e de alta calidade”, algo pouco habitual en entidades locais. Para pechar, Henrique Monteagudo, presidente da Academia, reflexionou sobre a importancia de dedicar este día a mulleres novas, feministas e comprometidas, sinalando que estas causas e o idioma son cuestións de todos que “nunca deben pasar de moda”.
Fin de semana de celebracións
A organización agradeceu a asistencia do público e lembrou que a programación continúa coas seguintes actividades:
Noticia relacionada:
Música, tradición e identidade: Bugallido prepárase para tres días de festa sen descanso
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)