Verea critica a falta de solucións dous meses despois do incendio da comisaría
O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, denunciou hoxe a “situación inaceptable” na que continúan traballando a Policía Nacional e sendo atendidos os cidadáns dous meses despois do incendio da comisaría, ao tempo que criticou que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, “nin sequera reciba aos traballadores que levan semanas pedindo unha reunión”. “Despois de dous meses do incendio da Comisaría de Policía, os cidadáns e a Policía Nacional continúan nunha situación inaceptable”, advertiu Verea, en referencia ao campamento improvisado […]