AD

Comarca

2483 Resultados / Página 170 de 276

Fondo
AD

Comarca

O alcalde de Rianxo salda a débeda municipal e anuncia un 2025 cargado de proxectos

  O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, fixo balance do 2024 nunha entrevista en Radio Líder Santiago. O rexedor destacou os avances acadados en materia de infraestruturas, a regularización da economía municipal e a implantación de servizos sociais pioneiros. Ademais, apuntou os retos que afrontará o concello no 2025, entre os que destacan a creación dun centro de día e a actualización de servizos municipais fundamentais como a recollida do lixo. O primeiro logro que Julián Bustelo quixo subliñar foi […]

today10 diciembre, 2024

Comarca

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

  Reclama que se cumpra a iniciativa nacionalista aprobada no pleno municipal que recolle ampliación de liñas e máis bonificacións Dodro, 10 de decembro de 2024.- O BNG esixe á Xunta a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade. Demanda que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro aprobada en sesión plenaria por maioría e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro […]

today10 diciembre, 2024

Actualidad

Alcalde da Pobra: «Un cuadripartito só funciona cando o benestar dos veciños é o obxectivo común»

O alcalde de A Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, fai balance dun mandato de retos e logros, destacando a importancia da colaboración política, a recuperación do patrimonio e a aposta polo benestar comunitario. A Pobra do Caramiñal, un municipio rico en historia e natureza, vive un momento de transformación liderado por José Carlos Vidal. En declaracións a Radio Líder Santiago, o alcalde reflexionou sobre a súa chegada ao cargo e os avances realizados nun goberno sostido por catro partidos […]

today9 diciembre, 2024

Actualidad

Concello de Arzúa e Deputación cuadriplican o apoio á 50ª Festa do Queixo

Arzúa, 9 de decembro de 2024. O Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña formalizaron hoxe un convenio que reforza a Festa do Queixo como un evento integral que combina cultura, turismo e apoio aos sectores estratéxicos da bisbarra. O acordo, asinado esta mañá na sede provincial polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xesús Carril Ramos, destina 120.000 € á 49ª edición, un investimento que multiplica por catro a achega provincial dos últimos anos […]

today9 diciembre, 2024

Actualidad

Ames envía 33 pallets de axuda aos afectados pola DANA en Valencia

O Concello de Ames, dende a Oficina de Voluntariado, iniciou a comezos de novembro unha campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos básicos para os afectados pola DANA En total, chegaron 33 pallets a Valencia nun camión que saíu de Bertamiráns a semana pasada seguindo as indicacións da FVMP en tempo e forma Dende o Concello agradécese a gran mobilización tanto da veciñanza coma do tecido asociativo Ames, 9 de decembro de 2024.- O Concello de Ames puxo en […]

today9 diciembre, 2024

Comarca

Ames pon en marcha un Mercado de Nadal para os días 20, 21 e 22 de decembro

O prazo de inscrición para os comerciantes interesados en participar está aberto dende hoxe luns 9 ata o vindeiro xoves 12 de decembro Os solicitantes deberán de enviar á Sede Electrónica do Concello de Ames o modelo de solicitude cuberto xunto coa documentación pertinente O Mercado de Nadal contará cun total de 16 postos localizados na Praza da Maía de Bertamiráns, 12 estarán destinados á artesanía e 4 para alimentación e produtos da horta Ames, 9 de novembro de 2024.- […]

today9 diciembre, 2024

Comarca

Brión inicia as obras de ampliación do pavillón municipal de Pedrouzos

Construirá un inmoble de 648 m2 que poderá ser empregado tanto actividades deportivas, culturais e sociais polo Concello, o CEIP de Pedrouzos e o IES Brión 9 de decembro de 2024.- O Concello de Brión vén de iniciar as obras de ampliación do pavillón municipal de Pedrouzos, un proxecto que suporá un investimento de 540.346 euros, dos que o Concello de Brión achegará 390.346 euros e os 150.000 euros restantes serán achegados pola Deputación da Coruña, grazas ao convenio asinado […]

today9 diciembre, 2024

Comarca

Padrón mellora a área recreativa da desembocadura dos ríos Sar e Ulla

• Levouse a cabo unha renovación integral da área recreativa para facer deste espazo natural un punto de referencia para o lecer, o turismo e a posta en valor do patrimonio local • A actuación contou cunha subvención de 60.080,54 euros da Axencia de Turismo de Galicia, no marco das axudas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia • Foi financiada nun 90% cos fondos NextGenerationEU e completada con fondos municipais O Concello de Padrón levou a cabo unha renovación […]

today9 diciembre, 2024

Comarca

A Oficina de Turismo de Padrón recibe as certificacións de Calidade e Sostibilidade Turística

• Estas distincións concédense ás organizacións turísticas que implantaron un sistema de xestión de calidade orientado á excelencia, mellora continua e satisfacción do cliente • A certificación de sostibilidade garante que a Oficina de Turismo segue un sistema de xestión orientado ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible • A concelleira de Turismo, Chus Campos, subliña que estes recoñecementos “reafirman o ambicioso proxecto do goberno local para potenciar o atractivo turístico de Padrón” O Concello de Padrón celebra a obtención […]

today9 diciembre, 2024

AD