AD

Actualidad

Ames envía 33 pallets de axuda aos afectados pola DANA en Valencia

today9 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O Concello de Ames, dende a Oficina de Voluntariado, iniciou a comezos de novembro unha campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos básicos para os afectados pola DANA
  • En total, chegaron 33 pallets a Valencia nun camión que saíu de Bertamiráns a semana pasada seguindo as indicacións da FVMP en tempo e forma
  • Dende o Concello agradécese a gran mobilización tanto da veciñanza coma do tecido asociativo

Ames, 9 de decembro de 2024.- O Concello de Ames puxo en marcha o pasado mes de novembro unha campaña solidaria de recollida de alimentos, auga, produtos de limpeza, calcetíns e botas (entre outros bens) para os damnificados pola DANA de Valencia. En total, Ames doou 33 pallets con produtos necesarios que chegaron á Comunidade Valenciana esta semana pasada. As doazóns reunidas na campaña, coordinada en todo momento coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP), chegaron a Valencia nun camión que saíu dende Bertamiráns.

O Concello de Ames, desde o departamento municipal de Voluntariado, iniciou o pasado 2 de novembro, en colaboración con asociacións municipais e coordinado pola Federación Española de Municipios e Provincias, unha campaña de recollida de alimentos e bens para as persoas damnificadas pola DANA. As doazóns principais que se precisaban eran produtos de limpeza, auga, alimentos (sobre todo leite para bebés e latas de conservas), calcetíns e botas de auga. Finalmente, enviáronse cara Valencia 33 pallets con todos estes produtos nun camión que saíu dende Bertamiráns a semana pasada.

Dende o Concello enviouse a axuda en coordinación e seguindo as indicacións pertinentes da FVMP para poder deixar e achegar as doazóns no lugar axeitado xa que, nos primeiros días da DANA, chegou a producirse unha situación de colapso pola gran cantidade de doazóns recibidas. Deste xeito, desde a Oficina de Voluntariado de Ames, decidiuse a agardar por unha resposta coordinada e eficiente para realizar o envío.

Por outra banda, destacar que tamén se recibiron doazóns económicas a través das vías habilitadas por Cruz Roja e Caritas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *