AD

Actualidad

A Baña repite Torneo de Pádel os días 27 e 28 de xaneiro

today16 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • A organización aumenta a dez o número de categorías en xogo
  • A inscrición, aberta ata o mércores 24 de xaneiro, farase por parellas e terá un custo de 5 euros para cada unha das persoas integrantes
  • Haberá obsequios de benvida para todos os participantes

A Baña. 16-01-2024. Tralo éxito da primeira edición disputada o pasado mes de novembro coa participación de 27 parellas, as pistas do pavillón de Lañas acollerán os días 27 e 28 de xaneiro a segunda edición do Torneo de Pádel Concello da Baña.

Na competición, dirixida principalmente a xogadores amateurs, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos apuntándose por parellas.

O prazo de inscrición remata o mércores 24 de xaneiro ás 23:59 horas. O custo xeral da inscrición é de 5 euros por cada xogador que forma a parella, pero no caso de que unha persoa participe en dúas categorías diferentes pagará só 8 euros polas dúas inscricións. As inscricións poderán facerse nos teléfonos 633 499 635 (Dani) e 669 368 413 (departamento de Deportes do Concello da Baña).

O II Torneo de Pádel da Baña mantén en oito o número de categorías neste 2024: iniciación masculina e feminina; 2ª masculina, feminina e mixta; e 3ª masculina, feminina e mixta). Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo. En cada categoría existirá un cadro principal e un cadro de consolación.

Todos os participantes recibirán obsequios de benvida. Tamén levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.

A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal (www.concellodabana.gal) e nas oficinas do Concello o xoves 25 de xaneiro. No caso de que algunha parella non poida xogar na hora asignada, deberá dalo a coñecer para que se poidan facer as correspondentes modificacións sempre que sexa posible.

As bases de participación poden consultarse na páxina web do Concello da Baña nesta ligazón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%