AD

Comarca

2475 Resultados / Página 270 de 275

Fondo
AD

Actualidad

Ames, o único concello que medra de Galicia, acada os 32.482 habitantes

Blas García: “Estes datos falan moi ben do traballo realizado tanto actualmente como nos últimos anos por anteriores Corporacións. Ames é o lugar perfecto para establecer un proxecto de vida” Segundo datos do INE, do 1 de xaneiro do 2022 ao 1 de xaneiro do 2023, Ames medrou en 387 habitantes Dende o ano 2000, o concello de Ames duplica a súa poboación Ames, 28 de decembro de 2023.- O pasado 23 de decembro saíron publicados no BOE as cifras […]

today28 diciembre, 2023

Actualidad

A unidade móbil de doazón de sangue estará o 28 de decembro en Bertamiráns

      Estará na Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía) en horario de 9:30 a 14:30 horas, e de 15:30 a 21:00 horas Ames, 27 de decembro de 2023.- A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves 28 de decembro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas, e de […]

today27 diciembre, 2023

Actualidad

Adxudícase a reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns por 170.000 €

      A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns. O proxecto, que forma parte do POS+2022, foi adxudicado á empresa Excavaciones y Transportes Ivanca SL por un importe total de 169.050,59 euros. As obras contemplan a colocación dun novo sistema de cuberta formado por un panel nervado de aceiro galvanizado, así como de paneis translúcidos. Para a fachada empregaranse paneis de chapa simple, e ademais instalarase un […]

today27 diciembre, 2023

Actualidad

Os maiores de Rois que viven sós reciben cartas da cativada para acompañalos neste Nadal

O Concello colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de mensaxes realizadas polo alumnado O obxectivo é axudar a combater a soidade da veciñanza maior de 70 anos que reside no municipio e que, por unha ou outra razón, pasou estas festas lonxe dos seus seres queridos A misiva ía acompañada dunha carta do alcalde Ramón Tojo Rois. 26-12-2023. As persoas maiores de Rois que viven soas sentiron neste Nadal o agarimo da […]

today26 diciembre, 2023

Actualidad

Frades fai entrega a Cáritas dos alimentos recollidos na campaña de Nadal

O concelleiro de Cultura e Voluntariado, Juan Carlos Portos Bra, fixo entrega este venres dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal a María Flor Bravo Grobas e María Concepción Gómez Lagares, voluntarias en Cáritas Frades-Mesía. Unha campaña que, por décimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e coa data de consumo preferente non superada. Uns produtos que serán repartidos entre familias máis necesitadas do […]

today23 diciembre, 2023

Actualidad

Farmacia Noelia Mayo e a unitaria da Escravitude foron os gañadores do concurso de decoracións ‘Nadal na rúa 2023’

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Comercio e Turismo e Festas, Chus Campos, entregaron os premios do concurso de decoración Nadal na rúa 2023 aos gañadores desta edición. O vencedor na categoría de establecementos foi a Farmacia Noelia Mayo, que acadou un premio de 250 euros. O Café Bar Século XX e Café Bar Botánico, que lograron o segundo e o terceiro posto, respectivamente, recibiron 150 e 100 euros cada un. […]

today22 diciembre, 2023

Actualidad

Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal de 2024

      O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2024 de forma gratuita. Coincidindo coa feira de mañá, venres 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30h na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesta mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 26 as persoas […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

O Museo das Minas de San Finx mantén o seu horario pero pechará varios días do Nadal

21 de decembro de 2023.- O museo do poboado mineiro das minas de San Finx manterá durante o Nadal o seu horario de inverno habitual, coa excepción dos días de Noiteboa, Nadal, Aninovo, Reis e o venres 29 de decembro. Así, as instalacións estarán abertas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá tanto horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As […]

today21 diciembre, 2023

Actualidad

O goberno municipal de Dodro traballa na aprobación definitiva dunha nova RPT

O pasado mes de maio levouse a pleno unha modificación consensuada da Relación de Postos de Traballo que foi finalmente retirada do pleno. Dodro, 21 de decembro do 2023.- O goberno municipal de Dodro están mantendo reunións con tódolos grupos políticos co fin de chegar a un acordo amplo co fin de ampliar e mellorar a Relación de Postos de Traballo do concello. No pleno do 7 de xuño decidiuse retirar da orde do día a modificación número 1 da […]

today21 diciembre, 2023

AD