AD

Comarca

2475 Resultados / Página 268 de 275

Fondo
AD

Actualidad

Máis de 330 inscritos no Trail e Andaina Montes de Oleirón en Rois

      Os case 120 participantes no trail percorrerán 21,5 quilómetros O polideportivo dos Dices será o punto de saída e de chegada A recollida de dorsais efectuarase entre as 8.30 e as 9.30 horas Rois. 04-01-2024. Xa está todo preparado para a celebración este vindeiro domingo 7 de xaneiro da primeira edición do Trail e Andaina Montes de Oleirón que organiza o Concello de Rois. Un total de 335 persoas inscribíronse nesta proba que conta con dúas modalidades […]

today4 enero, 2024

Actualidad

Todo listo para que os Reis Magos de Oriente percorrán o Concello de Ames

      O día 5 de xaneiro pola mañá, os Reis Magos pasarán polas parroquias do concello, visitando os locais sociais, para que tanto os cativos e cativas dos núcleos urbanos como do rural poidan acudir a velos O venres 5 pola tarde celebraranse dúas cabalgatas, nas que participarán 82 nenos/as e mozos/as, divididos en distintas carrozas, e nas que se repartirán caramelos O fin de festa reunirá a grandes e pequenos nos pavillóns municipais para despedir ás Súas […]

today4 enero, 2024

Actualidad

Ames promove o acceso á cultura con entradas a metade de prezo grazas aos bonos culturais

      O vindeiro domingo, 7 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano Os 40 bonos que a Concellería de Cultura puxo a disposición da veciñanza, cun prezo de 25 euros, permiten acceder aos dez espectáculos programadas para o público adulto cun desconto do 50% sobre o importe total das entradas As entradas individuais estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xaneiro A […]

today4 enero, 2024

Actualidad

Lousame terá unha dobre cita cos Reis Magos: Recepción pola mañá e Festival pola tarde

3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Lousame organiza unha cita dobre cos Reis Magos para a cativada do municipio este venres 5 de xaneiro: recepción na Casa da Cultura pola mañá e festival no polideportivo municipal da Silva pola tarde. Dúas actividades de acceso libre e de balde, se ben no caso do Festival de Reis será preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com. A primeira cita terá lugar de 10:30 a 14:00 horas na Casa da Cultura […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Frades organiza a cabalgata dos Reis Magos en Ponte Carreira cunha Festa no polideportivo

3 de xaneiro de 2024.- Os Reis Magos chegarán a Frades este venres 5 de xaneiro, onde a partir das 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois tomarán parte nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal, de 17:00 a 20:00 horas. As Súas Maxestades chegarán en pick-up acompañados por varias mascotas e percorrerán o centro de Ponte Carreira. Tras ese primeiro contacto coa rapazada, a comitiva partirá cara o polideportivo municipal de Ponte Carreira […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Os Reis Magos farán dúas recepcións na Casa da Cultura de Camporrapado

Boqueixón, 3 de xaneiro de 2024.- A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este venres 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis do Concello de Boqueixón. Un evento que dará comezo ás 17:00 horas, coa posta en escena do conto “Un Nadal Máxico”, a cargo dos Bolechas, populares personaxes creados por Pepe Carreiro. “Os Bolechas. Un Nadal Máxico” conta a historia dunha das irmás Bolechas, Loli, unha aprendiz de maga que tratará de traer de volta aos seus irmáns […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Os Reis Magos visitarán todas as parroquias de Brión nun autobús de época

3 de xaneiro de 2024.- Os Reis Magos visitarán Brión este venres 5 de xaneiro nun autobús de época que percorrerá as distintas parroquias entre as 10:15 e as 20:15 horas. O percorrido e os puntos de encontro serán os mesmos do ano pasado: • 10:15 h. Local Social de CORNANDA • 10:45 h. Adro da Igrexa da LUAÑA • 11:30 h. Adro da Igrexa de VICESO • 12:30 h. Adro da Igrexa de ONS • 13:15 h. Parada do […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Serafina Barbazán, veciña de Rois, cumpre 102 anos

      O rexedor entrégalle un retrato, un ramo de flores e unha carta de felicitación A centenaria, que goza de boa saúde, mantivo unha amena conversa con Ramón Tojo Rois. 3-1-2024. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou o domicilio de Serafina Barbazán Neo en Moares, Ermedelo, para celebrar coa veciña os seus 102 anos, feitos o pasado 30 de decembro. Durante a súa visita, Tojo entregoulle un retrato que foi eloxiado pola propia Serafina, ao verse moi […]

today3 enero, 2024

Actualidad

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este domingo o Concerto de Reis

      Trátase dun recital que contará coa participación de varias agrupacións corais, todas elas do Concello de Ames O recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas Ames, 3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca […]

today3 enero, 2024

AD