AD

Comarca

2475 Resultados / Página 269 de 275

Fondo
AD

Actualidad

Arzúa recibe este venres a visita do Reis Magos

Mércores, 3 de xaneiro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, celebrarase este venres, día 5 de xaneiro, cun programa de actos que se desenvolverá durante toda a tarde. Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30h da tarde para comezar a súa estadía no noso municipio facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San José. Unha hora máis tarde, as 17:30h, comezará o desfile […]

today3 enero, 2024

Actualidad

A nova améndoa central de Bertamiráns da prioridade aos peóns

      Recentemente remataron e foron recepcionadas as obras que se executaron para humanizar a améndoa central de Bertamiráns. Este proxecto estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. A través de dita actuación mellorouse a comunicación cos equipamentos públicos e as zonas verdes, contribuíndo á dinamización da economía e do comercio local. Actuouse en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Converteuse o centro […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Ames adxudica a pavimentación dos viarios do núcleo de Framil por 346.420 €

Ames, 2 de xaneiro de 2024.- A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Framil, pertencente á parroquia de Biduído. As obras, incluídas dentro do plan POS+2023, foron adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia SL por un importe total de 346.420 euros (IVE incluído). Os veciños de Framil, en Biduído, gozarán dunha renovación da pavimentación das súas estradas, así como do interior do núcleo. A Xunta de Goberno Local […]

today2 enero, 2024

Actualidad

Brión dalle a benvida ao 2024 co XXVIII Festival de Títeres

      Os monicreques regresan a Brión co aninovo. Un ano máis, e xa van 28 seguidos, o Concello de Brión organiza o seu tradicional Festival de Títeres, que terá lugar do 2 ao 4 de xaneiro. As tres actuacións están pensadas para un público familiar e terán lugar no auditorio do centro social polivalente, ás 17:30 horas e con entrada de balde ata completar aforo. O cartel do XXVIII Festival de Títeres de Brión está composto por dúas […]

today1 enero, 2024

Actualidad

O Pino modificará o convenio con Augas de Galicia para a construción da depuradora

      Modifícanse os importes das anualidades de 2023 e 2024 para axustalos ao ritmo dos traballos   O alcalde informa que está previsto que as obras estean rematadas no vindeiro mes de maio    O Pleno do Concello do Pino aprobou onte por unanimidade a modificación do convenio con Augas de Galicia para reaxustar os importantes das anualidades de 2023 e 2024 destinadas á construción da nova depuradora de Arca. O importe total das obras mantense, pero cambian as […]

today31 diciembre, 2023

Actualidad

Anxo Arca reivindica o papel de Padrón como berce xacobeo na súa invocación ao Apóstolo

      O alcalde de Padrón realizou a ofrenda a Santiago nunha cerimonia da Traslatio presidida por monseñor Julián Barrio O acto, que conta con carácter oficial dende 1646, conmemora o traslado dos restos do Apóstolo dende Palestina a Iria Flavia Veciñanza e visitantes puideron acceder á cámara na que se atopa o pedrón Padrón. 30-12-2023.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, renovou hoxe os votos da vila padronesa co Apóstolo na tradicional cerimonia da Traslatio coa que se […]

today30 diciembre, 2023

Actualidad

Melide inicia a implantación do contedor marrón para a recollida de residuo orgánico

Na primeira fase da implantación serán 25 establecementos de hostalería locais os que farán uso do contedor marrón para a recollida exclusiva de residuo orgánico. O Concello de Melide iniciou esta semana a implantación do contedor marrón, avanzando así no cumprimento das obrigas legais recollidas na lei de residuos estatal que obriga á recollida separada dos residuos de tipo orgánico dende o 31 de decembro de 2023. Como consecuencia do noso modo de vida e das pautas de consumo, producimos […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

Padrón aproba un orzamentos para 2024 que superan os 10 millóns de euros

      O Goberno Municipal saca adiante os primeiros orzamentos aprobados en tempo e forma Increméntanse as subvencións ás asociacións de carácter social, deportivas e culturais Padrón. 29-12-2023. O Pleno de Padrón aproba por primeira vez en tempo e forma os orzamentos. O alcalde explicou que “a diferenza do anterior goberno municipal, priorizamos a aprobación para non perder ningunha liña de financiamento externa de cara a 2024”. O orzamento ascende nesta ocasión a 10.076.000€, superando sensiblemente o orzamento anterior. […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

O Concello de Ames vai crear unha Oficina de Transformación Comunitaria

O alcalde, Blas García, destaca o compromiso da Concellería que el dirixe coa creación desta oficina que fará posible o correcto asesoramento para a creación de comunidades enerxéticas. “É a primeira vez que o Concello de Ames destina unha partida orzamentaria nesta materia, reflexo da seriedade da nosa aposta en materia de integración de enerxías renovables” A oficina será de natureza principalmente virtual a través da súa propia páxina web, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo […]

today29 diciembre, 2023

AD