Música, maxia, tradición e gastronomía na III Festa Rural de Frades
2 de setembro de 2024.- A pesar das alertas climatolóxicas, finalmente o tempo respectou a terceira edición da Festa Rural, organizada polo Concello de Frades e celebrada esta fin de semana na praza pública de Ponte Carreira. Chover, choveu, tal e como estaba anunciado na xornada do sábado pero, ao non coincidir coa programación, non afectou ao desenvolvemento da festa. Unha iniciativa que “naceu para poñer en valor o rural, a nosa historia, a nosa música e os nosos costumes […]