AD

Política

1907 Resultados / Página 165 de 212

Fondo
AD

Actualidad

Santiago contará con 83 novas vivendas protexidas

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, defende a aposta deste goberno por ampliar a oferta de vivenda protexida, incrementar o parque de vivenda pública e, ao mesmo tempo, rematar as pezas urbanas que están incompletas, como no caso do Castiñeiriño, Lamas de Abade ou Castro de Abaixo. O goberno de Santiago de Compostela que preside Goretti Sanmartín concedeu licenza a un total de 83 vivendas de promoción pública ou de protección autonómica no que vai de 2024. A esta acción, […]

today12 agosto, 2024

Actualidad

Críticas do PP ao BNG pola xestión turística e cultural en Santiago

• María Baleato explicou que os datos de ocupación hoteleira de xullo foron peores que os do pasado ano e remarca que, “de confirmarse as previsións do sector para este mes, estamos ante un mal verán para Compostela”. • “Pedímoslle aos nacionalistas que, no caso de que verdadeiramente teñan unha estratexia turística a reformulen de forma urxente e se inspiren en casos de éxito e non nos leven, finalmente, ao apocalipse turístico”, subliñou. O Partido Popular de Santiago, a través […]

today9 agosto, 2024

Actualidad

“O éxito das Festas do Apóstolo avala o acerto de apostar por que a veciñanza as faga súas»

Tras as Festas do Apóstolo, a concelleira desta área, Pilar Lueiro, fai unha valoración “altamente positiva” da programación baseándose “na considerable afluencia de público en todas as actividades, que é o indicador máis evidente e palpábel deste éxito”. Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2024.- Pilar Lueiro asegurou que “neste 2024 iniciamos un ciclo, unha forma de enfocar as festas en que apostamos por que a veciñanza as faga súas, cun programa inclusivo, moi diverso, con actividades para todos […]

today3 agosto, 2024

Actualidad

«Se os edís do PSOE pasan ao grupo de non adscritos ábrese un novo escenario político en Santiago»

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024.- Borja Verea, portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Santiago e presidente dos populares na capital galega, criticou duramente a xestión das Festas do Apóstolo 2024 durante unha entrevista este xoves en Radio Líder Santiago. Verea cuestionou a calidade e a organización das celebracións, e presentou as propostas do seu partido para mellorar estes eventos no futuro. Borja Verea comezou a súa intervención criticando a ubicación dos fogos artificiais e a […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Santiago aproba o destino dos remanentes e avanza na creación dun parque de vivenda pública

31/07/2024 No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Santiago potenciará os espazos naturais vinculados ao río Tambre como a praia fluvial de Chaián

Xesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns, e Vías e Obras, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Durante a conversa, Domínguez abordou os principais avances e retos na xestión urbana e rural da cidade, subliñando a relevancia das obras públicas ben executadas para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. "O importante das obras non é só facelas, senón que a súa execución sexa de calidade e en tempo," destacou Domínguez. […]

today31 julio, 2024

Actualidad

Teo plantexa fixar os días da Ascensión e do San Martiño como festivos locais no ano 2025

Unha vez aprobada a proposta, darase traslado do acordo á Xefatura Territorial da  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración Entre outro temas, levarase hoxe ao Pleno a aprobación da bonificación do 50% do Imposto sobre construcións, instalacións, obras e servizos (ICIO) á Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo (Aspamite) Teo (A Coruña), 31 de xullo de 2024.- O Concello de Teo levará hoxe ao Pleno do mes de xullo a proposta da Alcaldía sobre os festivos […]

today31 julio, 2024

Actualidad

Tensión no goberno tripartito de Arzúa polo ‘control’ da Festa do Queixo

  Alternativa por Arzúa (A.A), a forza independente que conforma o tripartito gobernante en Arzúa, expresou a súa "incomodidade e desacordo absoluto" co decreto emitido pola Alcaldía que lles retira a competencia sobre a Festa do Queixo. Segundo AxA, o BNG tomou esta decisión unilateral ao non contar co apoio nin de A.A nin do PSOE, o que está a tensar o goberno tripartito. Critican a "falta de empatía" do BNG cara os seus socios de goberno, lembrando que levan […]

today31 julio, 2024

Actualidad

O PP de Santiago lamenta que o BNG volva a prohibir o Himno de España

Para a Olaya Otero este feito “é un síntoma máis de que o BNG o único que busca con esta prohibición é a división, posto que non tocalo é un desprezo á maioría dos composteláns”. Sinalou ademais que hai dúas formas de gobernar, a de Verea, que busca o consenso e asiste a todos os actos, incluído o Alba de Compostela; e a de Sanmartín e os nacionalistas que faltan ao acto máis importante da cidade como é a ofrenda […]

today29 julio, 2024

AD