AD

Política

1964 Resultados / Página 38 de 219

Fondo
AD

Comarca

Teo presenta un orzamento de 22,15M€ para 2026, 3,6 millóns máis ca no exercicio anterior

Teo (A Coruña), 26 de novembro de 2025.– O Pleno do Concello de Teo someterá hoxe a debate o proxecto de orzamentos municipais para 2026, que acadan os 22,15 millóns de euros, o que supón un incremento de 3,6 millóns respecto ao ano anterior. As novas contas manteñen o enfoque na mellora das infraestruturas e na atención ás necesidades da veciñanza. Infraestruturas e obras municipais O documento económico contempla 2,3 millóns de euros para o arranxo da rede viaria e […]

today26 noviembre, 2025

Comarca

Ames amplía a programación de fin de ano cun “tardeo” e unha festa para recibir 2026

Dende o Concello búscase ofrecer unha programación festiva segura durante o último día do ano dentro do termo municipal O alcalde, Blas García,  explicou que é unha demanda da mocidade e “estamos encantados de poder responder” Toda a información sobre esta programación será revelada o luns, 1 de decembro Ames, 26 de novembro de 2025.- O Concello de Ames prepara unha celebración especial para despedir o ano este 31 de decembro, cunha programación pensada para que a veciñanza poida gozar […]

today26 noviembre, 2025

Comarca

Oito concellos quedan hoxe sen cobertura de bombeiros na comarca de Arzúa

Os Bombeiros de Arzúa lanzaron esta mañá un aviso urxente a través das súas redes sociais no que instan á veciñanza a extremar as precaucións ante a falta de servizo operativo durante a xornada de hoxe. No comunicado, ilustrado cun mapa da zona e sinais de alerta, o corpo de emerxencias advirte de que non haberá presenza activa de bombeiros, afectando directamente a diversos concellos da contorna, entre eles Arzúa, Melide, O Pino, Touro, Boimorto, Vilasantar, Sobrado, Toques e Santiso. […]

today26 noviembre, 2025

Comarca

Ames mellora a pavimentación dos viarios da aldea de Lapido por 140.000 euros

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros. Destes seis proxectos, cinco xa están en fase de licitación e só falta por licitar a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo” “Neste caso vaise actuar nos viarios da da aldea de Lapido, que se enmarca dentro do plan de arranxo […]

today25 noviembre, 2025

Actualidad

Dimite o alcalde de Agolada tras ser inhabilitado nove anos polo TSXG

O alcalde de Agolada, Luis Calvo Miguélez, presentou oficialmente a súa dimisión despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmase a súa inhabilitación durante nove anos para exercer cargos públicos. A decisión chega tras meses de presión política no municipio, onde tanto o BNG como o PP reclamaban a súa saída inmediata ao coñecerse a sentenza. Nun comunicado publicado nas súas redes sociais, Calvo subliñou que a súa renuncia “non supón o fin da súa actividade política” […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

A Deputación apoia o proxecto do Mercado municipal de Ames coa achega dun millón de euros

Esta mañá estiveron Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, onde o Concello de Ames pretende realizar a construción do Mercado municipal de abastos e que conta con financiamento provincial, da Xunta, de fondos europeos e municipal O Mercado municipal de Ames está incluído dentro do Plan Conecta Ames e a súa licitación está prevista para o primeiro semestre de 2026 Tamén visitaron o edificio da Escola Municipal de Música, onde se investiron 245.302 euros para o cambio da cuberta do […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

Vertedura no porto de Ribeira, o BNG propón accións para evitar novos vertidos

O Grupo Municipal do BNG vén de denunciar a vertedura previsiblemente contaminante rexistrada o pasado 16 de novembro no porto de Ribeira, consecuencia da saída de augas fecais a través dunha condución destinada unicamente á evacuación de auga procedente do río que descende pola rúa Rosalía de Castro. A formación nacionalista alerta de que o episodio revela posibles conexións irregulares de augas residuais a canalizacións de pluviais, unha situación que, de confirmarse, suporía unha “vulneración das normas ambientais e de […]

today24 noviembre, 2025

Comercio

María Calvo Ares celebra os 100 anos convertida na única centenaria de Dodro

María Calvo Ares, veciña de O Campo, en Lestrobe, celebrou este sábado o seu cen aniversario, un fito que a converte na única persoa centenaria do concello de Dodro na actualidade. A homenaxeada recibiu a visita da concelleira de Servizos Sociais, Teresa Batalla, e do alcalde, Xabier Castro, que ademais exerceu de fotógrafo durante o encontro. Ambos quixeron trasladarlle persoalmente os parabéns da corporación municipal e recoñecer unha vida marcada polo esforzo, a familia e o arraigo á terra. María […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

Desmantelan unha organización criminal con 1.500 plantas de marihuana en naves de Oroso e O Pino

Un operativo antidroga desenvolvido de forma conxunta polas unidades da Garda Civil de Santiago e Sigüeiro permitiu desarticular unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas, tras a detención de seis persoas e a incautación de máis de 1.500 plantas de marihuana en dúas naves situadas nos municipios de Oroso e O Pino. A denominada operación “Smell”, dirixida polo Xulgado de Arzúa, arrincou despois de que os axentes detectasen consumos irregulares de electricidade en ambas localidades, o que os levou […]

today21 noviembre, 2025 2

AD