AD

Política

1964 Resultados / Página 40 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Ames expón a nivel nacional o seu modelo da Rede municipal de comedores escolares

O servizo de comedores escolares púxose en marcha no curso 2005-2006 con dous comedores, unha cociña, un vehículo para transportar a comida e 300 usuarios/as. Na actualidade, vinte anos despois, cóntase con sete comedores (proximamente serán oito cando se abra o novo CEIP do Milladoiro), dúas cociñas (a Cociña central e maila cociña da EEI do Milladoiro para menús específicos de tratamento nutricional), tres vehículos para transportar a comida e preto de 1.400 usuarios/as Blas García deu uns apuntes sobre […]

today21 noviembre, 2025

Comarca

Radio Líder recolle preguntas da veciñanza de Vedra para o especial ‘O alcalde responde’

Radio Líder Santiago pon en marcha unha nova iniciativa de participación cidadá co especial “O alcalde de Vedra responde”, un programa no que o rexedor, Carlos Martínez, atenderá as preguntas, queixas e dúbidas de todos os veciños e veciñas do municipio. As persoas interesadas poden enviar as súas consultas mediante WhatsApp ao número 633 57 17 65 ata o 26 de novembro. Todas as cuestións serán trasladadas ao alcalde, que dará resposta nun programa especial que se emitirá o xoves […]

today20 noviembre, 2025

Actualidad

A Deputación da Coruña amplía ata o 3 de decembro o programa MercaNaVila

O éxito da iniciativa supera as previsións: as vendas xa superan os 9,6 millóns de euros e descargáronse 80.000 bonos Os usuarios teñen de prazo ata o 3 de decembro para descargar e usar os bonos-desconto de 100 € para compras no comercio local A ampliación do prazo de MercaNaVila permitirá ademais que os consumidores aproveiten o período das ofertas do Black Friday, conseguindo descontos adicionais nas súas compras, e anticipar as súas compras de cara ao Nadal A Deputación […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

O alcalde de Padrón visita en Teo a exhumación dunha fosa da resistencia antifranquista

Os traballos, dirixidos polo grupo de Histagra da USC, recuperaron os restos de catro guerrilleiros, entre os que posiblemente se atopen os dun veciño de Iria Flavia Anxo Arca destaca a importancia desta actuación para dignificar a memoria dos represaliados e devolverlles ás familias os corpos co respecto que merecen Padrón. 19-11-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Mariló Saco, desprazouse esta mañá ao cemiterio de Santa María de Luou, en Teo, para coñecer os traballos de […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Vila de Cruces traslada unha mensaxe de calma: ‘A auga está baixo un control sanitario exhaustivo’

Vila de Cruces, 19 de novembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces informa de que o cambio de captación ao manancial do Carrio xa está plenamente operativo. Ata agora, a captación realizábase desde o río Arnego debido ás roturas na tubaxe do Carrio. Logo das diversas reparacións desta infraestrutura, desde a tarde do martes, a auga provén exclusivamente do manancial do Carrio, libre dos sedimentos que afectaban á captación anterior. Así mesmo, comunícase que nestes […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo protagonistas das XV Xornadas Achégate á Igualdade, no Milladoiro

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, pon en valor “a organización destas xornadas que xa chegan a súa décimo quinta edición e nesta ocasión abordarán temas como a trata e a explotación sexual. Contaremos cunha convidada de excepción como é Mabel Lozano, coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres” “Ademais, Silvia Pérez Freire e Llerena Pedrozo Porteiro impartirán un faladoiro sobre a prostitución e a trata sexual. Agardamos […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Rois acollerá o Campionato Galego de Mushing Terra o domingo 21 de decembro

Rois. 19-11-2025. Rois volverá citarse co mushing o domingo 21 de decembro na novena edición do IX Mushing Montes de Rois, que este ano acada unha especial relevancia ao converterse no Campionato Galego de Mushing Terra. A proba reunirá en Rois aos mellores mushers de Galicia, que competirán en tres modalidades: bikejoring, patín e canicross. O percorrido iniciarase na Peruca e desenvolverase polos montes de Cornes e Seaxe, un trazado ideal para este tipo de competición, combinando seguridade, natureza e esixencia técnica. O horario da competición […]

today19 noviembre, 2025

Comarca

Arzúa adianta o Black Friday coa súa “Feira Neghra” de descontos e premios

Máis de 15 establecementos do CCA (Centro Comercial Aberto de Árzua) participarán nesta campaña especial, que se celebrará coincidindo coa Feira quincenal e co Festival Zona da Zanfona. Arzúa, 19 de novembro de 2025.- AECA pon en marcha a “Feira Neghra”, unha campaña especial de Black Friday anticipado que encherá de descontos e premios o comercio local o 22 de novembro. A iniciativa, na que participarán máis de 15 establecementos da vila, nace co obxectivo de incentivar as compras no […]

today19 noviembre, 2025

Actualidad

O Día do Comercio Local de Arzúa chega con récord de establecementos participantes

Martes, 18 de novembro de 2025. A Concellaría de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, que coordina Begoña Balado, avanza na preparación da 13ª edición do Día do Comercio Local, que terá lugar do 6 ao 8 de decembro. Unha vez pechadas as inscricións, 35 establecementos confirmaron a súa participación nesta cita, consolidando así o bo nivel de resposta do comercio arzuán a unha proposta que busca impulsar as compras na vila e fortalecer o sector. […]

today18 noviembre, 2025

AD