AD

Política

1964 Resultados / Página 43 de 219

Fondo
AD

Actualidad

O Enreguéifate arrinca unha novena edición doutro universo

Os concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan este proxecto de dinamización lingüística que pon en valor a regueifa, unha das expresións da poesía popular oral. O programa de actividades inclúe accións formativas para escolares e profesorado e un certame regueifeiro aberto a toda a cidadanía. 11 de novembro de 2025.- O Enreguéifate presentou esta mañá as novidades da súa novena edición. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, […]

today11 noviembre, 2025

Comarca

Padrón amplía o Concilia Nadal, que comezará antes e contará con máis prazas

• O programa, dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, desenvolverase no CEIP Flavia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro • As inscricións poderán formalizarse do 13 ao 20 de novembro Padrón.11-11-2025.- O programa Concilia Nadal regresa con novidades: nesta edición comezará un día antes e aumenta o número de prazas, pasando de 40 a 45. A iniciativa, organizada polo Concello de Padrón a través da Concellería de Servizos Sociais, ten como obxectivo […]

today11 noviembre, 2025

Comarca

O Pino aproba as tarifas do abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento

• Afecta a preto de oitocentos abonados no municipio conectados a traída de auga municipal • Establécese unha cota fixa mensual e unha tarifa por subministración e saneamento en función do consumo, e outra por conservación do contador O Pino. 11-11-2025.- O Pleno da Corporación do Pino aprobou en pleno extraordinario as tarifas para o abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento daqueles fogares, negocios e industrias que están conectados á traída de auga municipal nas parroquias de […]

today11 noviembre, 2025

Comarca

Mauel Taboada inaugura a exposición que repasa no Pino 2.500 anos de historia da minería en Galicia

A mostra ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’ conmemora o centenario da Cámara Oficial Mineira de Galicia Consta de oito paneis informativos e pode verse na praza do Concello ata o 25 de novembro O alcalde do Pino estivo acompañado pola director da COMG, Arantxa Prado, e pola responsable da oficina técnica, Irene Pérez O Pino. 11-11-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, inaugurou esta mañá na praza do Concello a exposición itinerante Tesouros de Galicia: […]

today11 noviembre, 2025

Comarca

A V Feira do Monte contará con 22 expositores, exposicións, obradoiros e degustacións gastronómicas

Nesta edición cóntase con 22 expositores confirmados que ofrecerán produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión. Tamén haberá actuacións […]

today10 noviembre, 2025

Comarca

Brión aproba actualizar a taxa do lixo entre 20 e 40 € anuais

Acorda unha subida de 100 euros para vivendas de uso turístico 10 de novembro de 2025.- Unanimidade dos tres grupos políticos municipais do Concello de Brión (PSOE, PP e BNG) á hora de aprobar unha actualización da taxa de por servizos e actividades relacionadas coa hixiene urbana. Unha medida aprobada nunha sesión urxente celebrada este mediodía e que se realiza despois de que o pasado mércores tivera lugar a Asemblea Xeral da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron […]

today10 noviembre, 2025

Comarca

Anxo Arca entrégalle o premio de teatro Maruxa Villanueva á arzuá Lidia Veiga

  O alcalde resaltou a traxectoria da actriz arzuá e puxo en valor que na representación de ‘Tromso’ utilizasen a música en directo Lidia Veiga agradece a dotación económica do premio e resalta que “co uso do galego doulle autenticidade e veracidade aos personaxes que interpreto” Padrón. 8-11-2025.- O Auditorio municipal de Padrón acolleu este venres o acto de entrega do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que recoñeceu o traballo da actriz arzuá Lidia Veiga pola súa interpretación […]

today9 noviembre, 2025

Comarca

Rianxo pechará o 2025 con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas

O Concello de Rianxo culminará o ano 2025 con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas, o que supón un importante esforzo investidor que, sumado ao do exercicio anterior, sitúa o investimento total desta lexislatura por enriba dos 3 millóns de euros. Entre os proxectos xa executados ou en marcha destacan: A ampliación das redes de saneamento e abastecemento en Meiquiz e Or (Leiro), cun orzamento de 208.785,50 €. A renovación completa do firme do vial […]

today8 noviembre, 2025

Actualidad

O Concello destina 20.000 € para dinamizar o comercio local en decembro cos ‘Bonos Padrón’

• Distribuiranse 2.000 bonos de 10 euros cada un para compras superiores a 20€ nos establecementos que se sumen á campaña • Os Bonos Padrón entregaranse fisicamente a partir do 1 de decembro, dándolle preferencia ás persoas empadroadas • Anxo Arca e Chus Campos presentaron esta iniciativa destinada a fomentar o emprego e dinamizar o comercio padronés • Toda a información da campaña está dispoñible na web bonospadron.gal Padrón, 7 de novembro de 2025.– O Concello de Padrón pon en […]

today7 noviembre, 2025

AD