AD

Política

1964 Resultados / Página 63 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Dous mozos perden a vida nun sinistro na A-54 ao seu paso polo Pino

  Este domingo, 14 de setembro, a A-54 volveu ser escenario dun tráxico accidente de tráfico no termo municipal do Pino. Segundo confirmou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse arredor das 14:30 horas á altura da parroquia de Cerceda, cando un turismo se saíu da vía e bateu contra a varanda. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que incluso mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e os […]

today14 septiembre, 2025

Comarca

Catro persoas feridas en Pontecesures tras ser atropeladas por un autobús

Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico de Santiago na mañá deste sábado despois de sufrir un atropelo en Pontecesures. O incidente produciuse arredor das 06:30 horas, nas inmediacións dunha discoteca do municipio, cando un autobús que realizaba manobras alcanzou ás vítimas, que se atopaban esperando para coller o propio vehículo. Foron varios particulares os que deron a voz de alarma ao 112 Galicia, o que mobilizou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de […]

today13 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón convoca axudas para grupos de música tradicional do municipio

Boqueixón, 12 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de convocar o programa “Ponlle música 2025”, unha iniciativa dirixida a entidades e grupos de música tradicional no municipio e que ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música e do folclore local en Boqueixón durante o ano 2025. Unha iniciativa para a que o Concello destina 4.500 euros. Os grupos e entidades musicais de Boqueixón poderán solicitar axudas para financiar actuacións de música e/ou baile […]

today12 septiembre, 2025

Comarca

O Pico Sacro acolle este venres unha espectacular actuación da compañía Queiman e Pousa

Boqueixón, 11 de setembro de 2025.- O Pico Sacro acollerá mañá venres 12, ás 21:00 horas, un concerto-espectáculo da compañía Queiman e Pousa. Unha actuación que mestura tradición celta con música rock e que está organizado polo Concello de Boqueixón e a Xunta de Galicia. A entrada é totalmente libre e de balde. No espectáculo participan un total de once artistas, entre cantantes, músicos e actores. Durante preto dunha hora, ofrecerán unha posta en escena impactante, cunha coidada estética visual […]

today11 septiembre, 2025

Comarca

21 deportistas de Ames reciben axudas municipais por valor de 10.000 euros

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “o que queremos é, primeiro, recoñecer o traballo e sacrificio que facedes os deportistas, porque sabemos que é un sacrificio importante pola vosa parte pero tamén o sacrificio que facedes as familias a todos os niveis, cos desprazamentos ou compra de material deportivo. Non se trata dunha gran axuda económica, pero queremos que vos axude a financiar os gastos que tedes en viaxes, material deportivo, etc” A concelleira de Deporte, Susana Señorís, […]

today10 septiembre, 2025

Comarca

Arzúa dá luz verde a melloras viarias e modificacións en proxectos de saneamento e urbanización

O Concello de Arzúa investirá máis de 450.000 euros en melloras viarias, saneamento e urbanización, cunha parte importante do orzamento adicada ás parroquias. Arzúa, 10 de setembro de 2025. O Concello de Arzúa celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobaron diferentes actuacións de investimento enmarcadas no Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña, así como modificacións en proxectos en execución. Melloras viarias nas parroquias A Corporación municipal deu luz verde ao POS+ Adicional 2/2025, que recolle un conxunto de […]

today10 septiembre, 2025

Actualidad

Brión solicita de novo a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico

10 de setembro de 2025.- O Pleno Municipal de Brión aprobou este mediodía por unanimidade solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. Un acordo que é idéntico ao aprobado, tamén por unanimidade, na sesión de abril de 2024 coa única novidade dos cambios realizados na memoria explicativa para xustificar documentalmente o arraigo da festa entre a veciñanza e a singularidade da romaría. Durante a tramitación da solicitude realizada […]

today10 septiembre, 2025

Comarca

Este venres en Bertamiráns ‘Stock Fóra’, con descontos, sorteos e animación nas rúas

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, organiza este venres, 12 de setembro, “Stock Fóra”, unha iniciativa coa que se busca impulsar a compra no comercio local e dinamizar as rúas de Ames con música, animación nas rúas, sorteos e descontos ao longo de toda a xornada A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, resaltou que “o día 12 será un día de festa nas nosas rúas. Espero que os veciños e veciñas […]

today9 septiembre, 2025

Comarca

O polígono industrial de Toedo medirá un 80 % máis cunha ampliación de 13 millóns

O alcalde da Estrada recoñece que existe demanda no Concello e preguntas na Consellería de Economía para a instalación industrial neste municipio. Sinala o carácter estratéxico de planificar a expansión do polígono de Toedo situando ao seu pé a chegada dunha autovía, libre de peaxe, que conectará A Estrada de xeito moi áxil coa capital galega, un aeroporto, e unha estación de tren. Pon en valor un investimento de 13 millóns de euros para impulsar este “piar estratéxico na Estrada […]

today9 septiembre, 2025

AD