AD

Política

1965 Resultados / Página 65 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Comeza a funcionar a Cociña central da Rede municipal de comedores escolares de Ames

A Cociña central de Ames, que dispón dunha superficie total de 888 metros cadrados, conta con dúas grandes áreas que son un módulo para centralizar o lavado da menaxe dos comedores e unha zona de cociña onde se prepara o menú basal da rede municipal de comedores O alcalde, Blas García, destacou “hoxe é un día moi imporante xa que levamos moito tempo agardando para poder contar con esta Cociña central. Con este servizo vai comezar a cambiar o sistema […]

today5 septiembre, 2025

Actualidad

Padrón outorga os premios da quedada fotográfica con FotoWalk Galicia

Beatriz Maroño, José Luis Domínguez, Ana Vázquez e Alain Miñones resultaron gañadores nas catro categorías do certame Os premios inclúen libros de Camilo José Cela, un bono para practicar paddel surf e lotes de produtos gastronómicos A primeira edición contou coa participación de 60 persoas e o Concello agradece a acollida da iniciativa Padrón.3-9-2025.- O Concello de Padrón deu a coñecer os gañadores da primeira edición da quedada fotográfica organizada en colaboración coa comunidade de creadores FotoWalk Galicia, celebrada o […]

today3 septiembre, 2025

Comarca

Brión abre inscricións na 42 Carreira Pedestre da Amaía

As anotacións estarán abertas en www.carreirasgalegas.com ata o 1 de outubro 3 de setembro de 2025.- O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, vén de abrir as inscricións na XLII Carreira Pedestre Popular da Amaía, que terá lugar o sábado 4 de outubro, a partir das 16:30 horas, na contorna do parque de Pedrouzos. As inscricións, de balde para as persoas menores de 16 anos e de 5 euros para os demais, poden formalizarse ata […]

today3 septiembre, 2025

Comarca

O Pino celebra a súa Carreira Popular o domingo 21 de setembro

  Na categoría absoluta as persoas participantes deberán percorrer 8 quilómetros e os menores de 6 anos uns trescentos metros Haberá trofeos para os e as tres primeiras de cada categoría Os escolares recibirán unha medalla O Pino. 3-9-2024.- O Concello do Pino organiza o domingo 21 de setembro a vixésima edición da Carreira pedestre popular, que terá un percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 340 metros para menores de seis anos. A primeira saída darase […]

today3 septiembre, 2025

Comarca

Alertan dun vertedoiro incontrolado en Arzúa

O Concello de Arzúa vén de detectar un vertedoiro incontrolado na zona de San Martiño, unha práctica que cualifican de “inadmisíbel” ao supoñer un atentado contra o medio ambiente, deteriorar a imaxe do municipio e poñer en risco a saúde pública. Desde o consistorio lembran que a veciñanza dispón de servizos municipais gratuítos para a correcta xestión dos residuos. Entre eles, o punto limpo situado no polígono industrial de Arzúa e o servizo de recollida de voluminosos, dispoñíbel baixo aviso […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

O outono chega a Ames con moito Apego

Música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza... O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025 O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. Pódese consultar o programa completo e a información […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

O goberno de Padrón condena os ataques machistas contra a concelleira Chus Campos

O grupo de goberno do Concello de Padrón fixo público un comunicado no que manifesta o seu apoio á primeira tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, tras sufrir ataques machistas na páxina de Facebook “Acabouse a festa - Padrón”. Segundo sinalan, este perfil anónimo está dedicado a difundir contidos falsos e a lanzar ataques persoais contra membros do executivo padronés. As críticas tiveron como orixe unha publicación que acusaba á concelleira de utilizar a equipación […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2025-2026

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio coa Radio Cidadá, polo que calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 21 de setembro Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames […]

today2 septiembre, 2025

Comarca

Boqueixón auditará a súa rede de saneamento para mellorar o servizo

Boqueixón, 2 de setembro de 2025. O Concello de Boqueixón vai realizar unha auditoría técnica da súa rede saneamento co obxectivo de seguir mellorando a calidade e eficiencia do servizo que se presta á veciñanza. Unha actuación na que se van investir preto de 15.000 euros. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, salienta que “contamos cunha infraestrutura moi potente con 92 km de tubaxes, 14 novas depuradoras, 13 bombeos, unha nova EDAR e preto de 1.500 enganches á rede. Un […]

today2 septiembre, 2025

AD