AD

Política

1965 Resultados / Página 98 de 219

Fondo
AD

Comarca

Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’

• O centro sociocultural Luis Seoane acolle o sábado 24 de maio un concerto polo Día das Letras Galegas • A cita contará coas agrupacións locais Coro de Arca, Gharatuxa e Reviravolta, xunto con formacións convidadas da contorna O Pino.8-5-2025.- O centro sociocultural Luis Seoane acollerá o sábado 24 de maio ás 20.00 horas o encontro musical Voces para as Letras, unha cita co talento local e comarcal que reunirá coros e grupos de música tradicional do Pino e arredores, […]

today8 mayo, 2025

Comarca

Arzúa presume do seu queixo en Alemaña

Arzúa, 7 de maio de 2025. Como mostra do compromiso continuo co fortalecemento dos lazos internacionais e coa memoria da emigración galega, o Concello de Arzúa realizou a semana pasada unha visita institucional a Niedereschach, localidade situada no corazón da Selva Negra alemá, coa que mantén un irmandamento activo desde o ano 2002. Daniel Moscoso, concelleiro de Xuventude e Mocidade, foi o encargado de representar ao Concello durante a visita, na que estivo acompañado pola Rondalla Moraima e por membros […]

today8 mayo, 2025

Comarca

A Baña busca que a Festa da Filloa da Pedra sexa de Interese Turístico de Galicia

O alcalde José Antonio Pereira Gil e a concelleira de Turismo Ana Pensado están a percorrer os establecementos comerciais da Baña para recoller apoios e sinaturas que avalen a candidatura da Festa da Filloa da Pedra como Festa de Interese Turístico de Galicia. Coa entrega das carpetas de recollida de sinaturas, o goberno local busca o respaldo da cidadanía e do sector para lograr este recoñecemento institucional, que destacaría a importancia cultural e turística dunha celebración que xa leva máis de 20 anos poñendo en valor a tradición, a gastronomía e a […]

today7 mayo, 2025

Comarca

Ames celebra este venres a XVII Gala do Deporte na Casa da Cultura de Bertamiráns

  Este venres, o auditorio de Bertamiráns acollerá a XVII Gala do Deporte de Ames, onde se renderá homenaxe aos deportistas máis destacados do concello durante o pasado 2024 O acto terá lugar ás 20.30 horas e estará presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño A votación da categoría reservada para o público está aberta ata hoxe á medianoite Tamén haberá un recoñecemento especial a Jorge Pérez, do Club Ciclista Os Esfola Arrós, e ao Real Aero Club de […]

today7 mayo, 2025

Comarca

Boqueixón ofrece axudas de 400 euros por nacemento, acollida ou adopción de nenos

As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 6 de maio teñen ata o 21 de maio para solicitalas. O resto dispoñen de 15 días naturais a contar tras o nacemento Boqueixón, 7 de maio de 2025.- O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes das axudas ás familias para sufragar parcialmente os custes derivados do nacemento e/ou acollemento ou adopción de nenos e nenas empadroados no municipio. Unhas […]

today7 mayo, 2025

Comarca

Macarena García e Iria Bermúdez gañan o Premio Alberte Quiñoi da Estrada

O certame de álbum ilustrado que convoca o Concello da Estrada chega á súa quinta edición e recibe 13 orixinais. O xurado destaca a “estética moi coidada”, que contribúe a “unha experiencia lectora sólida e atractiva”. Sinala o coidado “sentido do humor” dunha peza na que texto e ilustración “funcionan como un todo” para o tratamento da temática da morte. A peza gañadora “pon en valor o respecto e o coidado animal dun xeito honesto e sensible, sen caer na […]

today7 mayo, 2025

Comarca

Ames elabora unha programación específica con motivo do Ano Castelao

O alcalde de Ames, Blas García, destacou “o 2025 está dedicado a Castelao e o Concello de Ames tamén quere sumarse a dita conmemoración, co cal imos a realizar distintas actividades. Imos a comezar coa exposición da reprodución deste cadro de Castelao” “Dita programación continuará no segundo semestre deste ano coa representación de dúas obras de teatro, unha para público infantil e outra para persoas adultas, e coa proxección dunha película sobre Castelao que se estrea neste mes de maio. […]

today6 mayo, 2025

Comarca

Oroso únese á loita por unha AP-9 máis xusta

O Concello reclama o pago íntegro do IBI pola concesionaria da autoestrada Oroso deu un paso firme na defensa dos dereitos dos seus veciños e veciñas ao participar hoxe en Abegondo na constitución da Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9. Esta plataforma nace coa vontade de reclamar que a empresa concesionaria da autoestrada asuma as súas obrigas fiscais, concretamente o pago do 100% do IBI, tras décadas de exencións consideradas inxustas polos municipios afectados. Trátase dunha causa xusta e […]

today6 mayo, 2025

Comarca

Padrón celebra o San Xoán do Raio coa procesión, música de acordeón e o xantar da terceira idade

  A A.C. Rosalía de Castro abriu a procesión dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, na que cantou a Coral Val do Sar Concerto na praza de Macías do dúo Ad Libitum Unhas trescentas persoas no xantar de confraternidade Padrón. 6-5-2025.- Padrón mantense fiel a tradición. A procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial marcou o inicio do programa festivo do día do patrón da capital do Sar. O alcalde, Anxo […]

today6 mayo, 2025

AD