AD

Comarca

Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’

today8 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

• O centro sociocultural Luis Seoane acolle o sábado 24 de maio un concerto polo Día das Letras Galegas
• A cita contará coas agrupacións locais Coro de Arca, Gharatuxa e Reviravolta, xunto con formacións convidadas da contorna

O Pino.8-5-2025.- O centro sociocultural Luis Seoane acollerá o sábado 24 de maio ás 20.00 horas o encontro musical Voces para as Letras, unha cita co talento local e comarcal que reunirá coros e grupos de música tradicional do Pino e arredores, con motivo da celebración das Letras Galegas. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

O encontro contará coas actuacións do Coro de Santa Eulalia de Arca —acompañado nesta ocasión pola Coral Polifónica de Senra (Oroso), baixo a dirección de Daniel Sánchez—, así como das agrupacións locais Gharatuxa e Reviravolta e das compostelás O noso son e Coro Castrosúa.

Esta iniciativa destaca pola participación de músicos e agrupacións vencelladas á contorna, tanto do propio municipio como de concellos próximos, nun ambiente de colaboración e posta en valor da música coral e tradicional galega.

O Concello do Pino colabora con este evento, que subliña o compromiso coa cultura e a lingua a través da música.

Outras actividades polas Letras Galegas

Ademais deste encontro musical, o departamento de Deportes do Concello organiza o sábado 17 de maio o programa O Pino móvese coas Letras Galegas, que inclúe a andaina Camiñando coa lingua, polo tramo do Camiño Francés que atravesa o municipio, e xogos populares no pavillón de Reboredo.

Tamén o 17 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Arca, a partir das 19.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *