Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un accidente de tráfico rexistrado na noite do sábado no municipio de Arzúa deixou cinco persoas feridas. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 20:45 horas tras producirse unha saída de vía dun único vehículo pola marxe dereita da estrada DP-7901, ao seu paso por Ponte Lema, en dirección á localidade de Arzúa.
Segundo información dos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa, tres das persoas implicadas sufriron feridas leves, mentres que outras dúas tiveron que ser trasladadas en ambulancia a un centro sanitario. Non foi necesario realizar excarceración, aínda que os efectivos si tiveron que rescatar ás persoas do interior do vehículo. Ata o lugar desprazáronse tamén dúas ambulancias e a Garda Civil de Tráfico.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)