AD

Actualidad

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora na aldea de Pazos (Lestedo)

today16 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Supoñen un investimento de máis de 50.000 euros

Boqueixón, 16 de xullo de 2024.- O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora na aldea de Pazos (Lestedo). Uns traballos que inclúen a canalización das augas pluviais e a mellora da capa de rodaxe dun dos viarios de acceso a esta aldea dende a DP-1202.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, explica que “estamos a traballar na instalación dunha canalización para recoller as augas da chuvia para así evitar inundacións e despois melloraremos con formigón un tramo da estrada duns 660 metros, que conecta a aldea de Pazos coa estrada provincial”. Durante a duración das obras, o tránsito por ese camiño estará reservado unicamente para persoas residentes.

Nestes momentos, procedeuse xa á demolición do pavimento existente para proceder á canalización das augas pluviais mediante 105 metros de tubaxe de 400 mm de diámetro e outros 100 metros de 315 mm de diámetro. Así mesmo, instalaranse 4 pozos de rexistro, 6 arquetas con sumidoiro e unha arqueta con reixa.

Posteriormente procederase a repoñer a capa de rodaxe do total da estrada de acceso a Pazos dende a DP-1202, uns 660 metros. A mellora acometerase con 5 centímetros de grava e outros 15 centímetros de formigón. Así mesmo, contémplase a mellora dun treito de 250 metros por catro metros con tratamento asfáltico superficial, previa reparación de fochancas con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Estas obras están incluídas dentro do proxecto “Mellora de viario de Pazos á DP-1202 e outros”, financiadas con cargo ao POS+ Adicional 2/2023, e que foi licitado o pasado mes de xuño é empresa COSMALCA SL por algo más de 60.000 euros, dos que máis de 50.000 euros se corresponde con esta actuación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%