Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 noviembre, 2024
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024.- Diante da denuncia sobre a situación das traballadoras e traballadores da empresa Serviplus, prestadora dos servizos de animación e novas tecnoloxías da rede de CSC, o Goberno local manifesta o seguinte:
● A Concellaría de Centros Socioculturais vén mantendo unha interlocución directa e constante tanto cos responsables de Serviplus como coa representación das traballadoras e traballadores, co obxectivo de que a situación da empresa non repercuta negativamente nin nos dereitos laborais nin na prestación do servizo, adxudicado a Serviplus en 2022.
● A día de hoxe, o Concello ten facturas pendentes de pago á empresa Serviplus por un importe de 318.000 euros, dos que 170.000 euros corresponden a facturas dos meses de outubro e novembro. O Goberno traballa co obxectivo de abonar a maior parte desa cantidade pendente ao longo das próximas semanas.
● Pola súa banda, nas conversas mantidas coa empresa, Serviplus manifestou tamén a súa vontade de abonar as nóminas do seu persoal entre hoxe e mañá.
● Ademais, a Concellaría está a traballar na nova licitación do servizo de Centros Socioculturais e agarda que o novo contrato sexa unha ferramenta útil para solucionar todas as problemáticas que arrastra o servizo nos últimos anos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)