AD

Actualidad

Deputados do PPdeG esixen a Óscar Puente explicacións ante as “crónicas” incidencias na rede ferroviaria galega

today12 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Consideran que o “lamentable” episodio vivido onte na Coruña é “unha mostra da urxente necesidade de actuación por parte do Ministerio “para garantir uns servizos de tren eficientes e fiables aos galegos”
  • “Esta situación é unha constante desde hai meses na media distancia de Galicia e está causando enormes molestias e prexuízos aos usuarios do transporte público ferroviario”, engaden culpando ao Goberno central de “insuficiente investimento e mantemento da rede”

12 de xaneiro de 2024. Os deputados do PPdeG veñen de rexistrar unha pregunta no Congreso na que esixen ao ministro socialista de Transportes, Óscar Puente, explicacións polo fallo eléctrico e “o enorme caos” que se produciu onte na estación de tren da Coruña, así como a asunción de medidas ante as “crónicas” incidencias que sofre a rede ferroviaria galega.

Explican os populares que esta avaría “afectou a miles de viaxeiros, estudantes, funcionarios, profesionais e traballadores e provocou que chegaran tarde ou simplemente non chegaran aos seus compromisos” e reprochan a ADIF que “unha vez máis a información subministrada aos usuarios volveu ser insuficiente e as alternativas foron escasas e tardías”.

“Esta situación de avarías e incidencias son constantes desde hai meses na media distancia de Galicia e están causando enormes molestias e prexuízos aos usuarios do transporte público ferroviario”, engaden ao tempo que reprochan ao Goberno central de “insuficiente investimento e mantemento da rede” e fan partícipes diso ao “multipartito” formado polo PSOE, BNG, Sumar e Podemos que apoia a Sánchez.

Conclúen que o “lamentable” episodio vivido onte é “unha mostra da urxente necesidade de actuación por parte do Ministerio para “poñer freo a esta situación que se está volvendo crónica e garantir uns servizos de tren eficientes e fiables aos galegos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%