Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un premio que ten como obxectivo principal “honrar a memoria do seu ilustre poeta dodrense Eusebio Lorenzo Baleirón e contribuír á promoción da poesía galega”
Dodro, 30 de xullo do 2024 – O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado 23 de xullo a convocatoria do XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón,
correspondente a este ano 2024.
O premio ten como obxectivo principal “honrar a memoria do ilustre poeta dodrense Eusebio Lorenzo Baleirón e contribuír á promoción da poesía galega”. O certame, organizado polo Concello de Dodro, está dotado con 2.500 euros e coa publicación da obra gañadora por unha editorial de recoñecido prestixio.
No Lorenzo Baleirón poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que así o desexen. Só poderán presentar unha única obra orixinal e inédita en galego, que non fosen premiada anteriormente noutros concursos. As obras, de tema libre, deberán contar cun mínimo de 500 versos e máxima de 800. Presentaranse en soporte dixital, pendrive ou CD, acompañados dunha plica ou sobre pechado na que só farase constar o título da obra e un pseudónimo. O prazo remata o 23 de setembro, inclusive.
A publicación da obra por parte dunha prestixiosa editorial supón para os/as gañadores/as o recoñecemento público. O xurado estará formado por persoeiros vencellados ao mundo da escrita con recoñecida obxectividade e competencia no xénero da poesía, así como na crítica literaria.
A premio concorren cada ano tanto autores/as consagrados/as, como novos valores emerxentes. Convocatoria tras convocatoria, as cifras de participación crecen e só o ano pasado recibíronse 50 obras.
No ano 2023, o premio foi para o escritor Manuel López Rodríguez polo seu poemario “As palabras do sur” , publicado este ano pola editorial Chan da Pólvora.
Más información e bases da convocatoria no BOP da Provincia da Coruña número 141, do 23 de xullo e no taboleiro da sede electrónica do Concello de Dodro.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)