Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 marzo, 2024
A actual subcampiona galega sub18, María Estévez, participou no Campionato de España sub 18 short track nos 800 ml que tivo lugar en Sabadell
Nicolás Collazo, campión galego dos 10 km marcha, representaba á selección Galega no Campionato de España por federacións de marcha atlética celebrado en Zaragoza
Os dous atletas amesás remataron con nota a primeira parte da tempada e xa comezan a preparar as competicións de aire libre cos Campionatos de España como obxectivo
Ames, 4 de marzo de 2024.– A pasada fin de semana Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron aos campionatos de España por federacións de marcha atlética e ao sub 18 short track nos 800 m respectivamente. Os dous atletas amesás remataron con nota a primeira parte da tempada e xa comezan a preparar as competicións de aire libre cos Campionatos de España como obxectivo.
A fin de semana pasada, a actual subcampiona galega sub18, María Estévez, participou no Campionato de España sub 18 short track nos 800 ml que tivo lugar en Sabadell. Nunha complicada semifinal loitou ata o último metro para acadar unha meritoria quinta posición, pechando así un fantástico comezo de tempada na pista cuberta.
Pola súa banda, Nicolás Collazo, campión galego dos 10 km marcha, representaba á selección Galega no Campionato de España por federacións de marcha atlética celebrado en Zaragoza. Nunha gran actuación nos 10 km marcha en ruta destrozou o seu mellor rexistro, logrando unha gran sexta posición.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)