Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
● A imaxe da marca de leite cooperativo estará presente no lombo da camiseta branquiazul
● O novo porteiro, H. Leite, protagoniza o vídeo da presentación do patrocinio de FEIRACO.
A marca de leite FEIRACO volve ás camisetas da vestimenta do club deportivista da Coruña. Vinte e catro anos despois de protagonizar a camiseta blanquiazul do Real Club Deportivo de A Coruña durante oito temporadas inesquecibles para os coruñeses, FEIRACO regresa á equipación deportivista para esta temporada 2024-2025.
No partido da xornada 3 de LALIGA HYPERMOTION que se celebra o domingo 1 de setembro, o RC Deportivo xoga en Riazor contra o Racing Ferrol, os de Riazor estrearán as camisetas con logo de FEIRACO, desta volta non no frente da camiseta, senon na parte traseira, xusto enriba do nome dos xogadores.
A comunicación deste patrocinio realizouse nun simpático vídeo moi compartido en redes sociais e coa complicidade dunha das últimas fichaxes do RC Deportivo: o porteiro brasileiro Helton Leite. Na peza audiovisual o porteiro aparece coa camiseta na que se le o seu apelido “LEITE”. Mentres todos os espectadores pensan que se está a falar de Helton, o vídeo desvela que no RC Deportivo, agora, hai máis dun leite, desvelando finalmente o logotipo FEIRACO enriba do apelido do xogador.
A afición deportivista ten demostrada a súa devoción polo combo FEIRACO-RC Deportivo en moitas ocasións. Unha das últimas foi coa edición limitada da camiseta do Dépor verde co logotipo FEIRACO que provocou longas filas na Deportienda e se esgotaron en cuestión de días.
As mostras de apoio ó regreso desta marca á vestimenta do equipo coruñés faise notar con cada oportunidade nas redes sociais, onde se recollen miles de publicacións (algunhas moi enxeñosas) e peticións para que FEIRACO regrese como patrocinador. Unha comunidade que seguro celebrará que a marca de leite de cooperativa regrese ás camisetas como un dos patrocinadores premiums.
FEIRACO é unha das marcas de leite máis comercializadas e coñecidas de Galicia. O seu leite é 100% galego e procede directamente das ganderías socias da cooperativa, é dicir, é un leite sen intermediarios.
Os inicios de Feiraco remontanse a 1968 cando 400 gandeiros do val da Barcala, unha zona deprimida do interior da provincia de A Coruña, decidiron contribuir activamente ó desenvolvemento económico e social da comarca. Ó longo da historia da cooperativa, máis de 10.000 socios formaron parte de la familia Feiraco
Hoxe en día forma parte da cooperativa rural galega CLUN, a maior cooperativa láctea de Galicia. Con sede en Ames, A Coruña, produce, recolle e comercializa leite de vaca e produtos derivados procedentes únicamente das granxas dos socios ganadeiros, a quenes garantiza todos os servicios necesarios para que desenvolvan a súa actividade. CLUN, fundada en 2017, é o resultado da unión de tres cooperativas gandeiras orixinais: Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto.
O RC Deportivo é o club máis laureado de Galicia e forma parte do selecto grupo de nove clubs españois que teñen a honra de exhibir nas súas vitrinas o título de campión de Primeira División.
Despois de catro anos na Primeira RFEF, o RC Deportivo logrou o ascenso á Liga Hypermotion na temporada 2023-24, converténdose ademais no único club de España en gañar nas tres máximas categorías.
As orixes do RC Deportivo remóntanse a 1906, ano no que o Club Deportivo Sala Calvet, un prestixioso ximnasio da coruñesa rúa Galera, en pleno centro da cidade, comezou a funcionar con diversos partidos amigables. O seu primeiro presidente foi Luís Cornide. En 2016, o Club celebra un fito histórico coa creación do equipo feminino Dépor-ABANCA, que esta temporada xogará na Liga F, máxima categoría do fútbol español. Na actualidade, o RC Deportivo conta con máis de 27.000 abonados.
FEIRACO cónvertese en patrocinador principal do RC DEPORTIVO na temporada 1992-1993, protagonizando dende aquela a camiseta blanquiazul durante oito temporadas consecutivas.
Neste período 1992-2000 de convivencia FEIRACO e RC DEPORTIVO o club coruñés pasou a ser coñecido como: o Superdepor. Logrando figuras do fútbol que pasaron a historia como Bebeto, Mauro Silva ou Djaminha e con entrenadores tan queridos como Arsenio Iglesias, ou como Javier Irueta. Alcanzaronse tamén importantes títulos como a Copa do Rei (1995) ou campións de liga (99-00).
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)