AD

Actualidad

Fillas de Cassandra e Dios ke te crew nas Festas do Santiaguiño de Padrón

today8 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Padrón envórcase do 18 ao 27 de xullo cunha das súas celebracións máis tradicionais  
  • A programación dálle protagonismo á presenza feminina,  aos grupos locais e aos espectáculos para público familiar  
  • A romaría do Santiaguiño contará con sardiñada gratuíta e actuacións de grupos de gaitas durante todo o día  programa santiaguinho web

Co bo sabor de boca que deixou unha exitosa Feira Medieval, Padrón prepárase xa para celebrar o Santiaguiño, unha das súas festas máis tradicionais, con dez días de música, espectáculos para todos os públicos e unha nova edición do torneo de freestyle. Os concertos de Dios que te crew e de Fillas de Cassandra serán algúns dos platos fortes destas festas, que quere darlle protagonismo as voces femininas e que recupera tamén o irreverente Festival Asnot tralo parón do ano pasado.

As festas do Santiaguiño 2024 estenderanse do xoves 18 ata o sábado 27 de xullo. Entre as novidades destaca a Edición Sar de Tramo polo Miño, encontro de cultura urbana que traerá ao Campo do Souto un bo número de artistas emerxentes de Galicia, Andalucía, Cataluña e Madrid, ademais dun torneo de freestyle. A cita será o venres 19 de xullo entre as seis da tarde e as once da noite e dará paso ás actuacións do recoñecido grupo de hip hop Dios ke te crew e de La Yaya DJ.

O día completarase co impresionante espectáculo de rúa Piratas, a cargo de Troula Animación, que encherá a zona vella de Padrón de ritmo, lume, efectos pirotécnicos e confeti buscando espertar os risos coa complicidade do público.

Un dos concertos máis esperados será sen dúbida o de Fillas de Cassandra, que actuarán no Campo do Souto o sábado 20 de xullo  a partir das 23.30 horas coa súa novidosa reinterpretación da música tradicional e da mitoloxía. Con anterioridade, abrirá a noite a banda de música folk De Ninghures e, logo de Fillas de Cassandra, subirá ao escenario A Rapariga DJ para prolongar a festa ata a madrugada.

Outra cita para non perder é a do Festival Asnot. Tras o paréntese do ano pasado, regresa o mércores 24 de xullo con máis ganas de parodia ca nunca para volver converter Padrón nunha divertida caricatura de Ascot na que se cambian os cabalos por burros, pero por suposto  conservando todo o glamour que a ocasión merece grazas aos chapeus made in Galicia.

A xornada completarase coa actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro no Paseo do Espolón a partir das 18.00 hora e unha nova edición de Inchadiña Branca Vela, iniciativa da Fundación Rosalía de Castro que enche o Ulla e o Sar de embarcacións tradicionais nunha singradura que comeza na praia fluvial de Vilarello, en Valga, para rematar no Paseo do Espolón.

A romaría do Santiaguiño do Monte será a protagonista indiscutible do día grande da festa, o xoves 25 de xullo. Haberá, como manda a tradición, sardiñada gratuíta con reparto de pan de millo, cachelos e bolos preñados e non faltarán tampouco os grupos de gaitas para animar a romaría. O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e A Banda de Gaitas de Gondomar sucederanse ao longo da xornada para animar a romaría.

O Concello recorda que as persoas con problemas de mobilidade poderán subir e baixar ao monte de xeito gratuíto en autobuses de transporte adaptado que sairán do Campo do Souto cada media hora a partir das 11.30 da mañá (cun parón ao mediodía entre as 15.00 e as 17.00 horas) e regresarán dende o Santiaguiño tamén cada media hora dende as 11.45 horas.

Para pechar a troula, o Concello aposta pola continuidade do festival Open Air con actuacións de recoñecidos picadiscos. Entre o venres 26 e o sábado 27 pasarán polo Paseo do Espolón Pablo Balseiro & Los Cascarillas, César Sánchez, DJ SET, D’Crooners Band, Gaínza ou Héctor Llamazares.

Programación infantil e familiar

O público miúdo contará cun programa de seu nestas Festas do Santiaguiño. Ollo o piollo, espectáculo de animación para público familiar do grupo Barafunda, abrirá as actividades da celebración o xoves 18 de xullo ás 21.30 horas.

A gran festa infantil chegará só un día despois, o venres 19 de xullo. Entre as 17.00 as 21.00 horas, toda a cativada poderá desfrutar de diversos xogos e inchables diante do pavillón do Souto.

O luns 21, nenas e nenos terán a ocasión de coñecer A verdadeira historia dos tres porquiño e o lobo feroz, espectáculo de obxectos e actores que Teatro do Andamio presentará no Paseo do Espolón a partir das 21.30 horas.

A rapazada será tamén a protagonista absoluta da programación do martes 23 de xullo. Ás 11.30 horas, da man de Asnot, poderá participar no obradoiro Onde van os nosos ríos, unha proposta de arte contemporánea que ten como fin a sensibilización sobre a importancia da reciclaxe.

Xa á tardiña, a partir das 21.30 horas, será o ilusionista Cayetano Lledó quen, co seu espectáculo Oh, circo, encha de maxia o Paso do Espolón.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%