AD

Deportes

Irene Suárez, de Teo, proclámase campioa da Liga Galega de Saltos Ponis C

today1 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A amazona Irene Suárez, veciña de Teo e integrante do Club Hípico Haras de Compostela, vén de proclamarse campioa da Liga Galega de Saltos na categoría Ponis C.

Este resultado supón un destacado éxito deportivo para a nova xinete e para o club compostelán, premiando o traballo, a constancia e a preparación desenvolvida ao longo da competición.

Irene Suárez pecha así a Liga Galega cun título que confirma a súa boa progresión no salto ecuestre e que sitúa á deportista de Teo entre as protagonistas da tempada na súa categoría.

Desde o Club Hípico Haras de Compostela celebran este novo logro, que pon en valor o talento das novas promesas da hípica galega.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *