AD

Deportes

Boiro contará co I campionato de remo indoor intercentros nos institutos do municipio

today29 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

Boiro, 29 de setembro de 2026.- O Club de Remo Cabo de Cruz, coa colaboración do Concello de Boiro e Jealsa, promove o I campionato de remo indor intercentros nos tres institutos do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Gustavo Vázquez, do Club de Remo Cabo de Cruz; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa; e Manuel Pimentel, Pilar Barros e Xavier Figueira, mestres de educación física dos tres institutos.

Esta actividade ten como finalidade promover o deporte do remo e tamén realizar captación de deportistas. “Dende o Club de Remo traballamos cos institutos en distintas actividades e este ano sumamos esta modalidade do remo indoor para integrar esta unidade didáctica na programación”, afirmou Gustavo.

Participan nesta actividade máis de 160 alumnos de 1º da ESO do IES A Cachada, IES Praia Barraña e IES Espiñeira. Por parte do profesorado recoñeceron que “é unha actividade que funciona ben e está a gustar ao alumnado”.

Os alumnos e alumnas contarán como broche final deste proxecto e como axente motivador un campionato intercentros que terá lugar este venres 2 de setembro de 11.00 a 13.30 horas no pavillón da Cachada.

“Dende Jealsa entendemos que o deporte conecta a persoas e axuda a transmitir valores polo que apoiamos este proxecto de achegar o remo aos institutos”, recoñeceu Margarita Hermo. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, felicitou ao Club de Remo e aos institutos por esta iniciativa “e por dar a coñecer entre o alumnado un deporte como o remo indoor que está en auxe”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *