Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Miguel Ángel Vázquez Ouro natural da parroquia de Felpos no Concello de Palas de Rei, e que actualmente residía en Melide, foi localizado sen vida este xoves, segundo informa Ecos da Comarca.
O corpo era atopado por un veciño ao carón do seu vehículo na parroquia de Tallos, no concello de Palas de Rei. Polo momento descoñécense as causas da súa morte.
Miguel Ángel, de 50 anos, saíu onte mércores a media tarde da súa casa de Melide para levarlle a comida aos seus pais, que residen en Felpós, no municipio de Palas de Rei, pero nunca chegou ao seu destino.
Tras o aviso da súa desaparición, comenzaron as labores de búsqueda por parte dos axentes de Protección Civil de Palas de Rei que se estenderon ata altas horas da madrugada.
No día de hoxe, continuaron as labores de búsqueda, onde finalmente foi atopado sen vida. Descanse en paz.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)