AD

Arte y Cultura

Lousame conmemorará o 25N coa ópera electrónica ‘Papagena’

today17 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • A actuación terá lugar o sábado 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame.
  • A entrada é gratuíta e está dispoñible a través de bandoticket

17 de novembro de 2023.- O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de “Papagena”, unha ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes. Unha actuación totalmente gratuíta e cuxas entradas xa están dispoñibles a través de bandoticket.

“Papagena” é unha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato escrita en galego. Con perspectiva de xénero, narra a historia dunha parella que está engaiolada nunha relación tóxica. Unha peza composta polo rianxés Iago Hermo e que está inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre “A frauta máxica” de Mozart. Así, “Papagena” busca afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística ao tempo que pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociados ao mundo da lírica, como poden ser o uso do galego ou a propia escenografía e o vestiario empregado.

Trátase tamén da primeira peza dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, da compañía ButacaZero. O elenco está formado pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes, que actuarán acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto, así como director musical da peza.

Con esta ópera galega e en galego, ButacaZero busca adaptar a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa a espazos non convencionais para a súa representación.

Deste xeito, a compañía viguesa busca que tanto o público adolescente coma adulto se achegue á ópera a través dunha experiencia única e inmersiva.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%