AD

Arte y Cultura

Nova edición dos Encontros Literarios de Ames

today7 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura
    Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xornalista e escritora amesá, Nazaret López. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns
  • A autora estará acompañada de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019, a novela “Formigas nos pés”. A entrada será libre ata completar aforo

Ames, 7 de novembro de 2023.- Coincidindo co inicio de novembro bota a andar unha nova edición do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura. Arrincan este xoves, 9 de novembro, coa presentación da obra “Pecados veniais” da xornalista e escritora amesá, Nazaret López. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019, a novela “Formigas nos pés”. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames retoma coa chegada de novembro unha das súas propostas con mellor acollida, os Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesán, contaron cunha ampla participación ao longo das edicións de 2021 e 2022.

Neste primeiro encontro literario da nova tempada 2023-2024, o protagonismo será para a escritora e xornalista amesá, Nazaret López, que vai a presentar a súa segunda obra “Pecados veniais”, editada por Xerais e publicada en outubro de 2022. O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. A presentación será ás 19.30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A autora estará acompañada de Xosé Antonio López Silva, profesor, ensaísta e critico literario. A ambientación musical correrá a cargo de Javier María López. Esta é a segunda obra escrita por Nazaret López, despois de publicar en 2019 a novela “Formigas nos pés”.

Sinopse de “Pecados veniais”

Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron representar.

Esta escolma de historias enfiadas, non exentas de humor acedo, pon o foco na traseira desas situacións, esperadas ou inesperadas, que de socate cambian a vida de quen as padece. Os abusos a menores, o acoso no traballo, a precariedade laboral, o dereito a ter unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai e a elixir profesión por riba do xénero son asuntos que pairan tamén sobre esta historia. Unha historia que retrata a sociedade hostil en que vivimos e que fai aínda máis vulnerables as mulleres.

Nazaret López (Lugo, 1959) traballa como xornalista en prensa, radio e televisión desde a década de 1980, labores que compaxina co teatro, no que exerce como docente, directora e autora para compañías profesionais e grupos afeccionados e escolares. Na colección Narrativa publicou as novelas “Formigas nos pés” (Xerais, 2019) e “Pecados veniais” (Xerais, 2022).

Sesións programadas para novembro e decembro

Ademais, para os meses de novembro e decembro hai programadas outras dúas presentacións. O mércores, 29 de novembro, Luciano Ares Díaz presentará “Patria de Maeloc”, da editorial ToxosOutos. Para pechar o ano, o xoves, 14 de decembro, Carlos Negro presentará “O tempo dos lagartos”, editado por Galaxia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%