AD

Actualidad

O Baile de Entroido para a terceira idade reúne a uns oitenta veciños de Brión

today5 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

5 de febreiro de 2024.- Preto de oitenta veciños e veciñas de Brión xuntáronse onte domingo no centro social polivalente para desfrutaren do Baile de Entroido dos nosos maiores, organizado polo Concello brionés. Un evento que este ano contou coa música en directo da cantante local Ruth Cundíns, gañadora do concurso “Recantos de Ouro” do programa “Luar”, da TVG.

Os Bailes para Maiores son unha tradición dos domingos de Brión e teñen lugar cada quince días en horario de 19:00 a 22:00 horas. Ademais, cada mes conta cunha sesión de música en directo. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%