Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 octubre, 2026
Santa Comba, 20 de setembro de 2026. A veciñanza de Santa Comba atopaba, nos últimos días, un cambio inesperado ao pasear polo Campo da Feira, e máis concretamente no lado da rúa Miraflores: os alcouves, ese espazo arredor das árbores alí plantadas, foron recubertos dun material semellante ao cemento. A preocupación, polo risco que esta actuación suporía, fíxose presente na capital do Xallas. E é que un material inadecuado pode provocar secas, problemas nas raíces e incluso danos por hipoxia nas árbores.
O BNG, a través do seu portavoz municipal en Santa Comba, Xoán David Sixto, pregunta ao concello ao respecto da intervención, incluída no POS 2024, cuxa adxudicación foi feita polo concello o pasado mes de novembro por un valor de máis de 200.000 euros. En concreto, Sixto pide saber “cal é o material empregado para a actuación nos alcouves e se pode supoñer un risco para as árbores”, xa que, tratándose de materiais impermeábeis sería evidente que podería ser foco de problemas na captación de auga das propias árbores e da osixenación necesaria na terra na que están plantadas. “Incluso, tratándose de materiais porosos que deixen pasar a auga, hai resinas que poden danar as árbores e poñelas en risco ”, apuntaba o portavoz local do BNG.
A formación nacionalista solicita ao goberno de Santa Comba información clara e veraz, que, de ser o caso, tranquilice a veciñanza a respecto das obras realizadas nunha das zonas máis concorridas da vila e un dos poucos espazos públicos de encontro con árbores de sombra.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)