AD

Actualidad

O BNG de Santa Comba aposta pola consolidación e promoción da Vía Céltica

today1 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Colabora coa asociación Costavales para estudar a conservación e recuperación do patrimonio do trazado

Santa Comba, 1 de marzo de 2024.- O responsábel local do BNG de Santa Comba, Juan David Sixto, reuniuse co deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luis Penas, co fin de estudar iniciativas para contribuír á consolidación e difusión da Vía Céltica. A xuntanza responde á proposta da Asociación Costavales, promotora da Vía Céltica.

«A iniciativa parte da Asociación Costavales e, desde o BNG, queremos contribuír a potenciar este camiño e promover as vías para recuperar o rico patrimonio paisaxístico e patrimonial da vía», sinala o responsábel local de Santa Comba, Juan David Sixto. Neste sentido, despois de distintas conversas con responsábeis da Asociación Costavales, Juan David Sixto solicitou unha xuntanza co deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas para avanzar nas posibilidades de colaboración para a promoción da Vía Céltica.

«Para nós potenciar o trazado é de especial importancia para o desenvolvemento turístico e económico do concello de Santa Comba así como doutros municipios que atravesa por iso ademais do seu valor patrimonial é tamén un recurso turístico de grande calidade», sinala Juan David Sixto.

Xunto con representantes dos concellos de Vimianzo e Muxía, o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas e o responsábel do BNG de Santa Comba, Juan David Sixto, visitaron os restos da antiga Ponte Vella que atravesa o Río Castro entre os dous concellos para estudar as posibilidades de recuperación dentro do trazado da Vía Céltica.

Pola súa parte, o deputado Xosé Luís Penas comprometeuse a estudar as posíbeis vías de colaboración para a recuperación do patrimonio do camiño e, con ese obxectivo, participou na visita dos restos da Ponte Vella do Río Castro considerada de relevancia no trazado e recollida xa na Carta Xeométrica de Galicia do ano 1834.

A Vía Céltica é un itinerario histórico que supón a prolongación da peregrinación xacobea até Fisterra e Muxía.

Xúntanse fotos do estado da Ponte Vella e da reunión mantida entre o Deputado Xosé Luis Penas con Juan David Sixto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%